+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Xuño de 2018

PRAZO DE SOLICITUDES PARA OS CAMPAMENTOS DA LANZADA


O programa está organizado pola Deputación de Pontevedra

Está aberto no Concello de Ponte Caldelas, ata o día 27 deste mes de marzo, o prazo para anotarse aos campamentos na Lanzada da Deputación Provincial. O programa, que leva por nome “Depo Aventura A Lanzada”, ten por obxecto promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das nenas e nenos e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural.
Ofrece a posibilidade de que 2.200 nenas e nenos de toda a provincia gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten mellorar o seu nivel de Inglés e coñecer outros lugares fóra do seu entorno habitual.
As reservas pódense facer para as seguintes quendas: 24 a 30 de xuño, 1 a 7 de xullo, 8 a 14 de xullo, 15 a 21 de xullo, 22 a 28 de xullo, 29 de xullo ao 4 de agosto, 5 a 11 de agosto, 12 ao 18 de agosto, 19 ao 25 de agosto, 26 de agosto a 1 de setembro e, finalmente, do 2 ao 8 de setembro.
Poden solicitarse para rapaces nacidos entre 2005 e 2010, ambos incluídos, que estean empadroados en Ponte Caldelas e non padezan enfermidade contaxiosa en proceso activo. O custo de cada praza é de 100 euros, que queda en 80 euros para as familias numerosas.
As familias interesadas serán atendidas nas oficinas dos Servizos Sociais de Ponte Caldelas en horario de 9 a 14 horas de luns a xoves. Tamén é posible descargarse o formulario de solicitude directamente dende o sitio web da Deputación Provincial de Pontevedra.

Deja un comentario