+034 986 09 02 04 Xoves 13 de Decembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN PRESENTA UNHA BATERÍA DE MEDIDAS PARA QUE OS CONCELLOS DA PROVINCIA POIDAN CUMPRIR COA NOVA LEI DE CONTRATOS


Camela Silva lamentou que “unha vez máis é a Deputación quen non deixa solos aos concellos ante un Goberno que aproba unha lei sen dotar dos recursos para poder cumprila”

A Deputación organizará en abril unha xornada para os concellos cos principais expertos e expertas do país en contratación pública e convocaranse talleres personalizados

Ante a entrada en vigor este venres da nova Lei de Contratos do Sector Público, a presidenta da Deputación de Pontevedra anunciou hoxe en rolda de prensa que a institución provincial, tras tomar medidas para adaptar a institución provincial ás modificacións, porá a disposición dos concellos da provincia os recursos necesarios para que poidan cumprir coa nova lei.

Carmela Silva criticou que “novamente o Goberno pon en marcha unha nova lei sen dotar de recursos aos organismos locais e amais dando moi pouco prazo”. Así, tamén anunciou que “como sabemos que isto está xerando unha enorme preocupación nos concellos, especialmente nos máis pequenos, unha vez máis será a Deputación de Pontevedra a que faga fronte a esta ausencia de recursos para que os gobernos locais poidan cumprir coa aplicación da nova lei”. A presidenta deixou claro que “non imos deixar solos aos concellos e por iso vamos a levar a cabo unha serie de actividades para que se poida afrontar a implantación da norma”.

Co obxectivo de asumir coa maior rapidez posible a adaptación as novas esixencias da Lei, a Deputación de Pontevedra porá á disposición dos concellos unhas plantillas cos modelos máis típicos de contratos para que podan usarse polos técnicos municipais e contacto directo cos técnicos e técnicas da Deputación para solventar as dúbidas. Amais, a mediados de abril celebrarase unha xornada para os concellos cos principais expertos e expertas do país en materia de contratación pública, e convocaranse talleres personalizados para os técnicos e técnicas municipais a fin de coñecer certos aspectos dos novos modelos de contratos dun xeito máis directo de formación práctica.

En canto á propia Deputación de Pontevedra, Carmela Silva sinalou que “fixemos un esforzo para poñer en marcha medidas co fin de adaptar as nosas propias estruturas para poder cumprir a lei” e aproveitou para “recoñecer o traballo feito polos funcionarios e funcionarias que permitiron poñer en marcha isto e así conseguir que a Deputación de Pontevedra volva a cumprir cos prazos marcados”.

A Presidenta detallou que “neste tempo de adaptación formamos a máis de cen funcionarios e funcionarias, implantamos unha nova plataforma electrónica para a licitación de todos os contratos públicos, adaptamos os documentos e procesos para o uso da nova plataforma, adaptamos a web para a licitación electrónica, que comeza hoxe a funcionar, e xa lle explicamos a todos os nosos provedores como imos a funcionar a partir de agora”.

Entre outros moitos aspectos a nova lei suporá que a partir de hoxe todas as licitacións da Deputación fanse de xeito electrónico. De feito hoxe mesmo está previsto que salgan a licitación dous expedientes xa unicamente en sistema electrónico.

Deja un comentario