+034 986 09 02 04 Mércores 22 de Agosto de 2018

ALMUIÑA AGRADECE A PERMANENTE COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN GALEGA DE HEMOFILIA NA VISIBILIZACIÓN SOCIAL DA ENFERMIDADE


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, clausurou a Asemblea da Asociación Galega de Hemofilia e agradeceu a realización deste tipo de xuntanzas pois “permiten dar esa necesaria visibilidade social, para avanzar e poder acadar novos espazos que permitan a normalización na vosa vida diaria”. Tamén destacou a permanente disposición desta asociación a colaborar e participar en todas as iniciativas propostas desde a Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, e pola súa activa participación no Consello Asesor de Pacientes.

O conselleiro de Sanidade salientou que o obxectivo do sistema sanitario galego é o de asegurar unha adecuada calidade de vida e unha case normalizada esperanza de vida para os pacientes hemofílicos. Neste senso, avanzou que para o seu departamento “é prioritario reducir o itinerario de visitas clínicas, acelerar o diagnóstico, previr por medio do consello xenético, e non diferir o inicio do tratamento das complicacións, cando estas se presenten; e, como non, fomentar a investigación sobre a súa etioloxía e a súa fisioloxía para mellorar o seu diagnóstico e o seu tratamento”.

Deja un comentario