+034 986 09 02 04 Mércores 22 de Agosto de 2018

A II FEIRA DA ENERXÍA DE GALICIA OFRECERÁ AOS SEUS EXPOSITORES UN XIGA SIMÉTRICO DE VELOCIDADE


PRETÉNDESE CONTRIBUÍR A QUE AS ENTIDADES QUE ASISTEN A ESTE EVENTO, QUE TERÁ LUGAR DO 22 AO 24 DE MARZO, OPTIMICEN AO MÁXIMO A SÚA PARTICIPACIÓN

A Feira Internacional de Galicia ABANCA vén de acordar coa empresa de telecomunicacións R a prestación dun importante servizo no próximo evento que terá lugar no recinto, a II Feira da Enerxía de Galicia.

Este certame, que se converterá do 22 ao 24 de marzo nun espazo de converxencia de empresas, institucións, profesionais e usuarios do sector enerxético, ofrecerá aos expositores unha notable mellora na conectividade a través de internet. Así, disporán durante os tres días de feira dunha velocidade de conexión dun xiga simétrico, é dicir, de subida e baixada de datos, sen modificación algunha das tarifas.

Con estas altas prestacións no acceso á rede a entidade feiral pretende contribuír a que as empresas e entidades presentes na II Feira da Enerxía de Galicia optimicen ao máximo a súa participación. Así, poderán emitir en streaming, compartir vídeos de alta resolución e conectarse con gran rapidez e calidade para dotar de valor engadido ao encontros que realicen en feira con potenciais clientes.

Por outra banda, o convenio tamén repercutirá nas oficinas do recinto feiral, nas cales se implementou a conexión multiplicando por 12 a velocidade, que se sitúa agora nos 100 megas simétricos garantidos, sen oscilacións.

Unha estreita relación con R

Este acordo acadado entre a Feira Internacional de Galicia ABANCA e a empresa R intensifica a estreita relación que ambas entidades mantiñan xa dende a pasada edición da party informática celebrada no recinto. Esta adoptou entón o nome de XGN R Encounter ao incorporarse R ao evento como patrocinadora oficial e colaboradora a nivel técnico e de contidos.

Así, o recinto feiral, R e a Consellería de Política Social uníronse en 2017 na organización dunha XGN R Encounter que acadou gran satisfacción entre os participantes. Un éxito que as tres entidades queren aumentar na edición deste ano, que se celebrará do 12 ao 14 de outubro.

Deja un comentario