+034 986 09 02 04 Luns 15 de Outubro de 2018

COMEZA A PAVIMENTACIÓN DO VIAL DE MEIRO E OUTEIRO, CON CARGO AO PLAN CONCELLOS 2017


O alcalde de Bueu, Félix Juncal, e o concelleiro de obras e servizos, Fidel Castro, estiveron esta luns visitando as obras de pavimentación no vial de Meiro – Outeiro, que están sendo acometidas pola empresa Marconsa, adxudicataria da obra por un importe de 72829,74 €, IVE incluído.
A empresa xa se atopa dende a semana pasada traballando na zona, e segundo resalta o alcalde, a actuación incluirá cunetas de formigón para a recollida de augas pluviais e tamén se ancheará a estrada nalgúns puntos complicados.
Esta obra forma parte do proxecto de pavimentación de cinco camiños municipais, con cargo ao Plan Concellos 2017, no que se inclúen ademais os viais de Vilar (adxudicado a Construcciones E.C. Casas, por 21.610,98 €), o da Rúa Ramal dos Galos (adxudicado a Nexia S.L.U. por un importe de 9.274,52 €), e os de Sar e Costiña (estes dous están pendentes de adxudicación).
Saneamento e formigonado en Sabarigo
Así mesmo, xa están ultimadas as obras de saneamento e pavimentación que se levaron a cabo en Sabarigo, na parroquia de Cela. Esta actuación forma parte da aposta do goberno local pola mellora continua do rural. “O que estamos facendo é completando os servizos municipais básicos, sobre todo no rural, onde aínda quedan tramos con dificultades por resolver”, salientou Juncal.
Esta obra súmase ás xa realizadas nos últimos meses noutras áreas do municipio, como por exemplo en Laxes (Beluso), onde se ampliou a rede de saneamento e abastecemento nunha franxa de 220 metros, ou en Castrelo e Beloso (Cela), con ampliación da rede de saneamento.

Deja un comentario