+034 986 09 02 04 Venres 20 de Xullo de 2018

A ALCALDESA FÁTIMA ABAL COMPROBOU OS ÉXITOS LOGRADOS NA SMARTPEME DE CAMBADOS


“SmartPeme” é un programa que oferta ás persoas emprendedoras, autónomas, ás asociacións e aos axentes dos concellos

No día de hoxe a alcaldesa Fátima Abal mantivo unha reunión coa presidenta da Deputación Carmela Silva, do deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios e de Elisa Franco unha das empresarias que recibiu asesoramento desde este servizo para a creación do seu proxecto “ Mamacosesola”

Nesta reunión a presidenta ofrecio uns datos que á alcaldesa Fátima Abal agradaron en sumo xa que desde este servizo da institución provincial organizáronse mais de 90 talleres sobre novas tecnoloxías aos que asistiron máis de 700 persoas e se atendeu a máis de 130 empresas, querendo este ano fomentar o asesoramento ás emprendedoras e emprendedores en materia tecnolóxica vinculados ao turismo, uns dous sectores económicos máis importantes para a comarca do Salnés.

O mais impactante segundo a alcaldesa Fátima Abal “é escoitar directamente de Elisa Franco “eu comecei a traballar cosendo desde a casa de xeito autodidacta e, trala costura, empecei a formarme en patronaxe dixital infantil e impulsei a miña empresa, Mamacosesola, co obxectivo de ofrecer ás familias patróns e instrucións para poder levar a cabo vestiario infantil de xeito sinxelo” vendo o moito que se sentiu arroupada desde este servizo e que grazas ao asesoramento recibido conseguiu promocionar a súa empresa na internet, o que foi un salto definitivo para dar a coñecer a súa idea e chegar coas súas patronaxes infantís e que todo o mundo poida así realizar vestiarios infantís sinxelamente desde o sua páxina web www.mamacosesola.com.

Deja un comentario