+034 986 09 02 04 Luns 16 de Xullo de 2018

O CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS PON EN MARCHA A SÚA SEDE ELECTRÓNICA


O Concello de Salceda de Caselas conta desde o 13 de marzo coa súa sede electrónica en funcionamento.
Con esta ferramenta en actividade, os veciños e veciñas poden realizar trámites administrativos desde a súa casa as 24 horas do día e os 365 días do ano.
Esta sede permitirá, por exemplo, consultar o estado dun trámite, obter un volante de empadroamento ou consultar expedientes, e as persoas usuarias só precisarán o DNI electrónico ou un certificado electrónico, de xeito que se manteñen todas as garantías legais, así como as de confidencialidade e de seguridade.
O Concello de Salceda de Caselas como administración pública, na procura do achegamento da Administración á cidadanía, pon en marcha este sistema que permitirá un fácil ácceso para a realización de trámites, sen a necesidade de desprazarse ata o Concello, producíndose, ademais, un aforro de tempo nas xestións, evitando tempo de esperas. A administración electrónica supón sobre todo un avance importante na realización de trámites para as persoas con mobilidade reducida, que poderán realizar as súas xestións a distancia.
O Alcalde, Marcos Besada, asegurou que con esta plataforma ofrécese un servizo á cidadanía ao que teñen pleno dereito e supón achegar e adecuar a administración ás necesidades de hoxe en día, facéndoa máis próxima e áxil.
O acceso á sede electrónica poderá facerse a través do enlace colocado na páxina web do Concello: www.salcedadecaselas.es ou directamente no enderezo salcedadecaselas.sedelectronica.gal

Deja un comentario