+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xuño de 2018

A II FEIRA DA ENERXÍA DE GALICIA DEBULLARÁ AS CLAVES PARA O CORRECTO FUNCIONAMENTO DUNHA INSTALACIÓN DE BIOMASA


O CERTAME CELEBRARASE DO 22 AO 24 DE MARZO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

A Feira da Enerxía de Galicia, a cal se celebrará do 22 ao 24 de marzo na Feira Internacional de Galicia ABANCA co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, contará cun amplo programa de conferencias.

Baixo o título “Instalacións de biomasa, claves para o instalador”, o primeiro día do certame terá lugar una destas xornadas técnicas, organizada pola Asociación Española de Valorización Energética de la Biomasa ( AVEBIOM).

Co obxectivo de resaltar aos instaladores as claves para o correcto funcionamento dunha instalación de biomasa, contará coa participación de distintas empresas pertencente á asociación e centradas en diferentes tramos da cadea de valor da biomasa.

A xornada comezará abordando o Selo de Instalador de Biomasa Certificado AVEBIOM, cuxo obxectivo é garantir que as instalacións están realizadas por un instalador amplamente competente, posuidor do carné do RITE, que reúne ademais unha serie de requisitos e estándares que se consideran básicos e necesarios para o desempeño do seu traballo. Logo analizará o software de control e mantemento preventivo de instalacións, de man da empresa Biokima; a diferenza dunha instalación de gas de condensación cunha de biomasa de condensación, a cargo de Biocurve, e as diferenzas entre unha instalación de gasoil e unha de biomasa, por parte de Hargassner.

A continuación Ecoforest e Efilume explicarán por que apostar por unha marca e as diferenzas cunha marca branca, mentres que Suakontrol falará dos compoñentes para minimizar as emisións en equipos de leña. Tamén se detallarán as claves dos contratos enerxéticos con biomasa, sendo asínaa Calor Erbi a encargada de facelo.

As dous últimos relatorios abordarán as empresas de servizos enerxéticos (ESE) como o aliado perfecto para o pequeno instalador, por parte da empresa Foresga, e a importancia dun pellet certificado para o bo funcionamento dunha instalación, a cargo de Biomasa Forestal.

Biomasa na área expositiva

A exposición da feira rexistrará un importante número de empresas centradas na biomasa, ademais de contar coa presenza de Avebiom. Esta participación da asociación responde a un acordo subscrito coa Feira Internacional de Galicia ABANCA, polo cal a Feira dá Enerxía de Galicia tamén contou o pasado mes de setembro cunha caseta no certame Expobiomasa.

Deja un comentario