+034 986 09 02 04 Xoves 24 de Maio de 2018

MONDARIZ ABRE A INSCRICIÓN PARA UN CURSO OFICIAL DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE


O Concello de Mondariz desenvolverá, entre os días 24 de marzo e 17 de xuño, un Curso Oficial de Monitor/a de Tempo Libre, iniciativa homologada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e que permitirá, aos e ás participantes, obter o título oficial homologado.
Para poder participar neste curso, é preciso se maior de 18 anos e estar en posesión de calquera destas titulacións: ESO, graduado escolar, técnico de FP ou equivalente. O prezo do curso é de 170 euros e poderá abonarse de xeito fraccionado.
O prazo de inscrición, que xa está aberto, rematará o 19 de marzo, establecéndose logo un período entre o 20 e 22 de marzo, para facer efectivo o pago do curso.
A titulación de Monitor/a de Tempo Libre, permite desenvolver traballos en campamentos, ludotecas, empresas de lecer, residencias da terceira idade, centros de día ou concellos entre outros, xa que estes deberán contar cunha persoa titulada para o desenvolvemento das súas actividades.
O curso constará dun total de 350 horas, divididas en 200 horas teóricas e 150 prácticas. O alumnado, unha vez rematada a parte teórica, poderá contar con bolsas de prácticas no Concello.
A inscrición pode formalizarse na OMIX de Mondariz (de luns a venres de 9 h a 14 h), no teléfono 986 664 036 ou no enderezo de correo electrónico omix@concellodemondariz.com
O curso, como sinalaba o Goberno local de AporM, permite “que mozos e mozas poidan acadar unha titulación oficial homologada pola Xunta de Galicia, nun eido laboral, como o de actividades de tempo de lecer, que cada día ten máis demanda”

Deja un comentario