+034 986 09 02 04 Sábado 26 de Maio de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN LEVA A SUECIA O MODELO DE MOBILIDADE DE PONTEVEDRA E A SÚA PROVINCIA


O vicepresidente César Mosquera participará como relator principal no encontro ‘Mobilidade e Comportamento’ e reunirase coa ministra de Medio Ambiente Karolina Skog

“É un orgullo que nos consideren referente de boas prácticas cando eles foron os pioneiros das políticas de ‘visión zero’”, asegura o nacionalista
A Deputación de Pontevedra vai levar a Suecia o modelo de mobilidade de Pontevedra e a súa provincia baseado en priorizar o espazo público para as persoas. Así o manifestou hoxe o vicepresidente César Mosquera, quen confirmou que na súa viaxe se reunirá coa Ministra de Medio Ambiente sueca Karolina Skog, con alcaldes e concelleiros de Estocolmo e Eskilstuna, e participará como relator principal no encontro ‘Mobilidade e Comportamento’ organizado pola asociación Gröna Bilister.
Mosquera explicou que o congreso, destinado a concellos e persoal técnico especialista en modelos urbanos, cumple este ano a súa terceira edición e celebrarase na cidade de Eskilstuna,. Nela falarán relatores de diferentes universidades e institutos de investigación de todo o país, ademáis de representantes das municipalidades e consellos dos condados. Cada ano a organización convida tamén a un representante dun país internacional considerado exemplo de boas prácticas no eido da mobilidade, sendo o ano pasado Dale Bracewell, o xerente do Plan de Transportes de Vancouver (Canadá), unha cidade da costa do Pacífico que está traballando hai anos en mellorar a mobilidade urbana e que é “extraordinariamente significativa”, en palabras de Mosquera.
Suecia é o país con mellores cifras de sinistralidade viaria de todo o mundo xunto a Países Baixos, Reino Unido, Suiza ou Dinamarca segundo os datos oficiais relativos tanto á redución de defuncións porcentuais por millón de habitantes (2013-1980) como en número de mortos por millón de habitantes. No ano 1997, despois de anos de incluir na axenda política o traballo para eliminar a violencia viaria, o goberno sueco aprobou unha lei de ‘visión zero’ co obxectivo de acadar cero mortos e cero feridos graves nun horizonte temporal próximo, unha meta que non se acadou pero que fixo reducir as cifras de falecidos significativamente. “Para nós falar en Suecia é un verdadeiro orgullo porque son o ‘top’ do mundo neste eido. Nós aprendemos deles cousas como que non hai que ir a máis de 30 quilómetros hora cando hai confluencia de coches e peóns. Iso todo vén de Suecia, polo que é unha sorpresa agradable que nos consideren referente de boas prácticas en materia de mobilidade cando eles foron os pioneiros das políticas de ‘visión zero’ en relación á sinistralidade”, dixo Mosquera.
O vicepresidente destacou que agarda coñecer a vía pola que os que os organizadores souberon do traballo que se está a facer en Pontevedra capital e que se está a estender polo resto da provincia. “Están documentados sobre nós. Supoñemos que polos vídeos, por documentación e reportaxes que se manexan. Tamén coñecían a páxina web da Deputación e saben que tanto no concello como dende aquí estamos a traballar no obxectivo dunha mobilidade sustentable. De feito pediron que acudiramos ou o alcalde de Pontevedra ou eu como vicepresidente provincial”, destacou o nacionalista, quen aclarou que no nome do Concello capitalino estará presente o enxeñeiro municipal Jesús Gómez Viñas.
En canto ao discurso, Mosquera destacou que o fito básico a expoñer na conferencia será o modelo Pontevedra, pero tamén as políticas activas que está a impulsar a Deputación en pro da seguranza viaria e da correcta mobilidade peonil nos espazos públicos, en concreto centrándose no Plan de Movilidade e Velocidade Segura (Plan Móvese), que promove o calmado de tráfico para fomentar a seguranza viaria das persoas usuarias das vías provinciais.
Ademais de participar como relator principal do encontro ‘Mobilidade e Comportamento’ o vicepresidente Mosquera tamén manterá encontros nos días anterior e posterior coa ministra sueca de Medio Ambiente, Karolina Skog, co vice alcalde de Estocolmo Daniel Helldén, co ex alcalde de Estocolmo Per Ankersjö (agora membro dunha consultora que traballa para a Unión Europea en materia de mobilidade), con representantes da kommun de Eskilstuna e coa directiva da asociación Gröna Bilister, entre outros.
Encontro internacional de cidades dos nenos e as nenas de Tonucci en Huesca
Por outra parte, o vicepresidente Mosquera sinalou que a vindeira semana durante os días 21 e 22 o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, acompañado de outros membros do goberno provincial e concellos da provincia, tamén acudirá a Huesca ao III Encontro Estatal de Cidades dos Nenos e das Nenas organizado polo Laboratorio Internacional do proxecto do CNR de Roma dirixido por Francesco Tonucci. Neste encontro
A Deputación sufragará o custe de transporte a representantes de concellos adheridos á rede internacional na provincia que manifestaron o seu interese en asistir (Pontevedra, Tomiño, Ponateareas, Cambados, O Grove, A Guarda, Salceda de Caselas, Lalín e Ribadumia).
No encontro haberá varios grupos de traballo e debate sobre o xogo libre, a escola, a participación das conselleiras e conselleiros escolares na política pública, a investigación sobre participación infantil ou os consellos escolares; visitas guiadas a espazos transformados na cidade de Huesca con participación infantil; ademais dun relatorio sobre ‘A transversalidade do proxecto da cidade dos nenos e as nenas nas políticas públicas’ a cargo de Francesco Tonucci, e unha mesa redonda na que falarán Chiara Belingardi (urbanismo), Carlos Pardo (saúde), Daniel Macenlle (mobilidade), Francisco Bergua (medio ambiente) e Mar Romera (escola).
Finalmente haberá unha conferencia aberta ao público de Francesco Tonucci sobre “A autonomía dos nenos, un dereito e necesidad para eles e un recurso para a escola e a ciudade”.

Deja un comentario