+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Agosto de 2018

MONDARIZ ORGANIZA ACTIVIDADES PARA NENOS E NENAS DE CARA A FAVORECER A CONCILIACIÓN FAMILIAR NA SEMANA SANTA


 

O Concello de Mondariz, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, OMIX, desenvolverá os días 26, 27 e 28 de marzo e 2 de abril, unha serie de actividades dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, de cara a favorecer a conciliación familiar e laboral nas vacacións de Semana Santa.
A iniciativa, que ten carácter totalmente gratuíto, ten xa o sen prazo de inscrición aberto ata o vindeiro 21 de marzo e pode formalizarse nas oficina da OMIX, na Casa do Concello de Mondariz, no teléfono 986 66 43 06 e no enderezo de correo electrónico turismo@concellodemondariz.com
As actividades desenvolveranse na Biblioteca de Mondariz en horario de 9 h a 14 horas, se ben existe a posibilidade de adiantar 30 minutos á hora de entrada e outros 30 minutos á hora de saída, de cara a facilitar a conciliación laboral das familias.
Trátase, segundo explica o alcalde Xoán Carlos González Bugarín, dunha medida que permitirá que aquelas familias nas que, na Semana Santa, traballan ámbolos dous proxenitores, “poidan deixar aos seus fillos e fillas desenvolvendo actividades lúdico educativas e en mans profesionais e altamente cualificadas”.
A obriga dos Concellos, sinala o alcalde, é tentar, na medida do posible, “facilitar a conciliación laboral e familiar dos nosos veciños e veciñas”.

Deja un comentario