+034 986 09 02 04 Luns 24 de Setembro de 2018

O CONCELLO DE BUEU E O FICBUEU COMEZAN A ORGANIZAR A RUTA DAS TAPAS CINCO ESTRELAS


A concelleira de promoción económica, Silvia Carballo, e o director do festival, Manuel Pena, reuníronse este venres coa hostalaría
A concelleira de promoción económica de Bueu, Silvia Carballo, e director do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU), Manuel Pena, reuníronse este venres coa hostalaría da vila para comezar a organizar a terceira edición da ruta “Tapas 5 estrelas”, que seguirá a mesma dinámica do ano pasado, aínda que con algúns pequenos cambios. O motivo de organizar esta reunión con tanta antelación é facilitar á hostalaría a súa participación, dado que no verán é moi complicado reunirse.
Tal e como xa se avanzou na xuntanza, na próxima semana publicaranse na páxina web do Concello de Bueu as bases para participar cos prazos, para que os hostaleiros e hostaleiras se apunten.
Ao igual que o ano pasado, os participantes poderán obter un cupón con cinco estrelas en calquera dos establecementos, onde se irán selando cada unha delas por cada tapa consumida que, por certo, leva nome de película.
As rutas das tapas levan organizándose desde xa fai varios anos como unha fórmula para dinamizar a hostalería local e ofrecer unha alternativa de ocio moi vinculada aos eventos culturais e deportivos. Neste caso, a idea é facela coincidir co FICBUEU que se celebrará do 7 ao 15 de setembro.

Deja un comentario