+034 986 09 02 04 Luns 15 de Outubro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O GOBERNO DE CARMELA SILVA DESTINA PRETO DE 800.000 € DO PLAN CONCELLOS A 15 CONCELLOS PARA AMORTIZACIÓNS, PAGAMENTOS DE DÉBEDAS E GASTOS CORRENTES


Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Poio, Portas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa son os primeiros concellos en beneficiarse das achegas da liña 2 do “Plan Concellos 2018”

O Plan Concellos pon este ano a disposición dos municipios 72 millóns de euros, 42 correspondentes ao Plan 2018 e 30 da liña 1 do Plan 2019, un 75% máis que o pasado ano

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a primeira relación de concellos que se van beneficiar das achegas da liña 2, para a amortización, pagamento de débedas e gastos correntes, do “Plan Concellos 2018”. Así, os quince primeiros concellos en recibir achegas desta liña dúas, por valor de 773.147,09 euros, poderán realizar pagamentos de subministracións, afrontar gasto corrente novo, amortizar débedas e impulsar programas culturais, deportivos, turísticos, gastronómicos, actividades infantís e musicais, así como festexos.

Máis polo miúdo o concello de Forcarei recibirá 52.965,88 euros para o pagamento da subministración de enerxía eléctrica e Fornelos de Montes 33.116,08 euros para gasto corrente novo. No caso de Lalín, beneficiarase de 93.557,4 euros para impulsar o programa de roteiros da vila, así como os campamentos deportivos de verán, un proxecto de promoción turística e o Orgullo* de Lalín 2018.

O concello da Lama recibirá 45.245,76 euros para a Festa do Codillo 2018, para a celebración do entroido 2018 e para a Semana Cultural. No caso do concello de Meis, a Deputación de Pontevedra achegará á vila 45.393,34 euros para a amortización de débeda con entidades financieiras.

Pola súa banda, Moaña beneficiarase de 94.400,07 euros para gasto corrente novo, en concreto, para o servizo de limpeza viaria Urbaser S.A., e Mondariz de 13.139,9 euros para poñer en marcha o II Ciclo de Corais e a III Festa Gastronómica da Carne Arreghlada así como o programa de cine de verán na rúa, as xornadas de promoción dos queixos e embutidos, a feira do pan e festas infantís con inchables.

O concello de Mondariz-Balneario beneficiarase de 10.519,72 euros da liña 2 do “Plan Concellos 2018” para actividades de humor, contacontos, musicais e de animación infantil, así como para actividades de rúa, teatro e maxia, cinema na rúa e publicacións. No caso de Poio, as achegas ascenden a 78.500 euros para os gastos do entroido, da Festa da Ameixa e da Festa do Mar.

Portas recibirá da Deputación de Pontevedra, ao abeiro da liña 2 do “Plan Concellos 2018”, 36.040,74 euros para a amortización de débeda e Salvaterra do Miño 69.724,05 euros para o pago de facturas a Sogama. Ata Sanxenxo destinaranse 58.000 euros para poñer en marcha o programa de Sanxenxo no verán, para as festas patronais e para os gastos do entroido.

Pola súa banda, Vila de Cruces recibirá 62.123,15 euros para o pagamento de gastos correntes novos e Vilagarcía de Arousa 33.681 euros para gastos de enerxía eléctrica e limpeza do conservatorio, para a limpeza da escola municipal de música e para enerxía eléctrica de instalacións deportivas municipais. No caso de Vilanova de Arousa, as achegas ascenden a 42.600 euros para a actuación musical de verán na festa do Mexilón e para os gastos da festa do Momo.

Este ano, a liña 2 do Plan Concellos, centrada na amortización, pagamento de débedas e gastos correntes así como para o financiamento de actos culturais, sociais, deportivos e educativos, está dotada de preto de catro millóns de euros. Coas achegas aprobadas en Xunta de Goberno para os concellos de Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Poio, Portas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, por valor de 773.147,09 euros, está xa concedido o 20% da liña 2, beneficiando a 15 concellos da provincia.

Deja un comentario