+034 986 09 02 04 Mércores 22 de Agosto de 2018

VAQUEIRO E CAL DAN PLANTÓN A CANDA NO PLENO EXTRAORDINARIO POLO CAMBIO DE HORARIOS.


Os portavoces do PSdeG-PSOE, Enrique Vaqueiro, e de Cidadáns A Lama, Andrés Cal darán plantón hoxe ao alcalde pola súa proposta de cambio os horarios de celebración do pleno ordinario das 21:00 horas ás 14:00 horas

Ambos os políticos están en contra da proposta do alcalde, que busca “que os concelleiros da oposición non poidan asistir polas súas responsabilidades laborais e sacar adiante as súas propostas sen posibilidade de compensar os debates. É un acto autoritario, dun alcalde en decadencia que con desesperación busca a maneira de controlar as sesións plenarias aproveitando dos compromisos laborais dos concelleiros da oposición”, afirmaron Vaqueiro e Cal.

Por eses motivos os catro concelleiros do Partido dos Socialistas de Galicia e o de Cidadáns decidiron non asistir á sesión plenaria convocada para o vindeiro xoves ás 14:00 horas, pois o alcalde leva a proposta a ese pleno extraordinario.

Xa no último debate o alcalde tentou facer a xogada, pero a iniciativa non saíu adiante porque un dos concelleiros do PP renunciara á súa acta e non estaba na sesión, polo que o resultado da votación foi un empate, e Canda negouse a exercer o seu voto de calidade como presidente do pleno.

En declaracións de Enrique Vaqueiro, afirmou “que é moi triste que despois de tantos anos Canda non aprendese nada de participación cidadá e democracia. É moi difícil para os veciños vir ao pleno á hora da comida, poida que haxa persoas interesadas en vir ao pleno, e resulta que non poden vir por caprichos do alcalde. Todas as corporacións dos concellos limítrofes cambiaron o horario dos plenos para que as e os veciños poidan vir, é un principio democrático, que Canda non ten.”

Deja un comentario