+034 986 09 02 04 Mércores 21 de Novembro de 2018

O ALCALDE JOSÉ LUIS PÉREZ E A CONCELLEIRA OFELIA BARRAL CELEBRAN O DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA COS NENOS E NENAS DO COLEXIO CPI MOSTEIRO


Con gallo do Día Da Poesía e da Árbore,  o alcalde de Meis José Luis Pérez e a concelleira Ofelia Barral acompañaron a un grupo de alumnos e alumnas do CPI Mosteiro  que na mañá de hoxe axudaron a plantar catro árbores na Avenida de Cambados, os alumnos e alumnas puideron participar de forma directa na plantación con palas, sachos e escobóns.

Unha actividade didáctica que gustou moito os escolares e ademais concienciounos na importancia que supón o coidado do medio ambiente e en concreto das árbores. Ao rematar procederon a lerlle ás árbores uns poemas de Antonio Machado e de Rosalía de Castro entre outros, conmemorando así  tamén o Día da Poesía.

José Luis Pérez comentou que este tipo de actividades ensinan a os nenos a coidar a natureza ao mesmo tempo que aprenden a reforestar e a importancia que as arbores teñen no ecosistema.

Deja un comentario