+034 986 09 02 04 Martes 24 de Abril de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

CARMELA SILVA SUBLIÑA A “ENORME CALIDADE” DOS PROXECTOS DE DEPOEMPRENDE NA FORMACIÓN PROFESIONAL NA ENTREGA DE PREMIOS DO I CERTAME DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA


O centro Daniel Castelao de Vigo gañou o concurso co seu dispositivo de localización GPS de náufragos para a frota pesqueira

Un dispositivo de localización GPS para náufragos en el mar mediante radio frecuencia, ideado polo Centro de Formación Profesional Daniel Castelao de Vigo; un Centro de terapia visual do IES Johan Carballeira de Bueu; e unha iniciativa de cine combinando cinematografía con eventos deportivos do IES de Rodeira en Cangas, foron este xoves os tres proxectos premiados no primeiro Certame do programa Depoemprende na Formación Profesional, organizado pola Deputación de Pontevedra, e no que participaron cinco centros da provincia.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na súa intervención ante o alumnado e o profesorado dos centros participantes que encheron o Salón de Plenos, destacou a “altísima calidade e innovación” e mostrou a súa emoción por comprobar “unha vez máis o enorme talento dos mozos e as mozas desta provincia”. A presidenta provincial sinalou que “estamos inmensamente satisfeitas de comprobar unha vez máis que temos un sistema educativo potente, con profesorado comprometido que é capaz de sumarse a proxectos de outras administracións o que nos fai ter un sentimento de optimismo. Nesta Deputación consideramos que o futuro está en mans da formación e da educación que é o único instrumento para acadar a igualdade de oportunidades e para permitir que toda sas persoas podan ter capacidade de construír unha vida”, destacou Carmela Silva.

Para a Presidenta da Deputación, a nosa sociedade está mudando con moita rapidez “o que hoxe é innovación mañá xa é pasado” e as tecnoloxías fan que o mundo este en constante evolución “polo que temos que ser capaces de educar mentes que sexan capaces de estar en evolución, adaptándose as novas necesidades e de dar resposta a esta sociedade”. Para Carmela Silva este programa de Depoemprende na FP “tiña ese obxectivo que dende a FP se podan crear novos produtos e proxectos que nos permitan dar demanda as necesidades máis cercanas”.

Silva subliñou que os proxectos que hoxe se presentaron na Deputación polos distintos centros de secundaria teñen “moito nivel” e cunha calidade e innovación “sorprendente”, polo que anunciou que o programa vai continuar en anos próximos “creando mentes activas, emprendedoras e innovadoras polo que quero agradecer a todos os profesores o seu compromiso”.

Os proxectos que os alumnos e alumnas presentaron foron un dispositivo de localización GPS para náufragos en el mar, mediante radio frecuencia e cun alcance de máis de dez quilómetros, ideado por polo Centro de Formación Profesional Daniel Castelao de Vigo. O proxecto foi ideado polos alumnos Adrián Silva Fernández, Delio Fernández Rivas, Diego Alonso Pérez, Mario Blanco Soto e Omar Torrado Míguez.

O Centro de terapia visual de Pontevedra”, do IES Johan Carballeira de Bueu, consiste na Prestación de servizos optométricos destinados á mellora da visión, mellora da calidade dos pacientes, sobre todo, pacientes en idade escolar. Foi presentado por Diego Basilio Mundin e Antonio Oubiña Barreiro.

O IES de Rodeira en Cangas, presentou “QUANTUM Cines”. Este proxecto quere ofrecer unha combinación de cinematográfica con retransmisións de eventos deportivos. Foi presentado polos seus alumnos responsables Alberto Alonso, Jacob Bamio e Daniel Riobo.

Outro proxecto do IES Johan Carballeira (Bueu), foi o de Ortopedia bastón que ten como obxectivo a mellora de vida das persoas con problemas de mobilidade ou diversidade funcional. Os alumnos responsables son Ángel Iglesias Bastón e Javier Bueno González.

O cuarto proxecto é a Oficina técnica forestal “A túa leira”, do Centro de Experimentación e Formación Agroforestal de Lourizán. Adicanse a medición de fincas e emisión de planos georreferenciados a nivel Galicia, dando a ubicación precisa das fincas incluíndo as súas coordenadas. Foi presentado por Antia Ares Carril, Pablo Gil Pérez, Gisela Leira Gutierrez e Abel Villaverde Juncal.

O quinto dos proxectos é o de “Xesteiracos”, tamén do Centro de Experimentación e Formación Agroforestal de Lourizán. Trátase dun Centro de conservación, selección e cría de bóxer, can palleiro, mastín español, boston terrier e labrador. Tamén adicariase ao adestramento canino. Foi presentado pola alumna Paula Gesteira Villar e contou co participación dun can palleiro e dun bóxer.

O sexto dos proxectos é o da cooperativa “Adma” Sociedade Cooperativa Galega, do IES Rodeira de Cangas. Trátase dun proxecto que enfoca un temporizador eléctrico con base de enchufe como algo novidoso, cun aforro enerxético, económico e sinxelo de usar para o cliente. Foi presentado polos alumnos David Gesteiro Rial, André Iglesias Iglesias, Marcelo Javier Rodríguez e Alberte Torres Parcero.

Os proxectos “A túa Leira” foi agraciada cunha mención especial que se corresponde cun vale para a posta en marcha do proxecto no Fab-Lab do viveiro de Barro. O terceiro premio, un proxecto DLP, foi para a iniciativa de “Quantum Cines”. O Segundo clasifica foi “Centro de Terapia Visual de Pontevedra” e o primeiro, dotado dunha impresora 3D, foi o dispositivo GPS do centro Daniel Castelao de Vigo.

Deja un comentario