+034 986 09 02 04 Xoves 26 de Abril de 2018

O CONCELLO DE ARBO ACABA DE ADXUDICAR AS OBRAS DE “MELLORAS NO ENTORNO DA ESTRADA ROCHA-CABEIRAS


O concello de arbo acaba de adxudicar as obras de “melloras no entorno da estrada rocha-cabeiras, ARBO ”, cun orzamento de execución por contrata cifrado en 31.508,15 € (IVE do 21% incluído), á mercantil NAROM S.L.
O obxecto do presente proxecto é a reparación dun tramo de estrada no municipio de Arbo, que sufriu danos como consecuencia dos temporais do pasado inverno, na estrada que une A Rocha con Cabeiras.
Actualmente a estrada atopase en mal estado, debido a que se produciron desprendementos en varias zonas, coa caída dun talude de contención da estrada e na zona dunha obra de drenaxe transversal da estrada.
As obras consisten na execución dunha nova obra de drenaxe, coas súas correspondentes aletas de contención de terras, un muro de mampostería para a contención da estrada, cunetas formigonadas nos tramos sinalados e reparación do firme da estrada.
Tamén se prevé no proxecto a realización dun colector e de cinco pozos de rexistro de formigón no lugar de A Granxa, coa posterior reposición do rego existente na zona de cruce co saneamento e reparación do firme da estrada no seu cruce con esta actuación.

Deja un comentario