+034 986 09 02 04 Luns 20 de Agosto de 2018

A XUNTA ENTREGA UNHA VIVENDA EN ALUGUEIRO SOCIAL NA CAÑIZA A UNHA FAMILIA EN RISCO DE EXCLUSIÓN


Adxudicouse outra vivenda no Concello de Ourense

A Xunta de Galicia asinou esta semana o contrato de alugueiro dunha vivenda no Concello de A Cañiza (Pontevedra) a unha familia en risco de exclusión social.

As chaves da vivenda xa foron entregadas á familia, que accede deste xeito a unha vivenda que foi cedida á Consellería de Infraestruturas e Vivenda por Abanca, para o seu destino a alugueiro social.

Esta mesma semana foi asinado outro contrato directo de alugueiro de vivenda para unha familia residente no concello de Ourense, cedida á Xunta pola mesa entidade financeira.

Dende que se asinaron os primeiros convenios de cesión de vivendas coas entidades financeiras no 2015, a consellería xa ten adxudicadas directamente preto de 190 vivendas a familias afectadas por desafiuzamentos ou en risco de exclusión social.

Cumpre lembrar tamén que ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron mais de 1.200 casos atendidos na Comunidade Autónoma.

Deja un comentario