+034 986 09 02 04 Domingo 23 de Setembro de 2018

CONDE DESTACA QUE O CARÁCTER PIONEIRO DE VIAGALICIA TEN PERMITIDO POÑER EN MARCHA 52 EMPRESAS QUE ESTÁN A XERAR 300 EMPREGOS


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Nigrán ao Demoday da 5º edición desta aceleradora, onde se seleccionarán 15 dos 37 proxectos presentados nesta convocatoria nas sedes de Vigo e Lugo
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe en Nigrán a aposta da Xunta por situar Galicia como referente no apoio ao emprendemento innovador durante a súa visita ao DemoDay da 5ª edición de ViaGalicia, da que destacou que o seu carácter pioneiro ten permitido poñer en marcha medio cento de empresas que xeraron arredor de 300 novos empregos.

Cun investimento total de 2,6 millóns de euros, ViaGalicia é unha das aceleradoras do mapa galego, unha rede na que se está a investir 18,4 millóns de euros e que leva apoiados máis de 600 proxectos -algún deles convertido en startup de éxito con premios polo seu carácter innovador- que implican 1000 novos empregos.

Un total de 37 proxectos (19 da sede da aceleradora en Vigo e 18 de Lugo) nos ámbitos das TIC, sector agroalimentario, saúde e turismo, fundamentalmente, compiten hoxe por un dos 15 postos para acceder á fase de aceleración desta edición, aos que se sumarán outras dúas iniciativas seleccionadas entre a fase de Academia de edicións anteriores.

Así, as startups que pasen á fase de Aceleración contarán, durante seis meses, coa posibilidade de recibir titorías, networking e asesoramento para consolidar a súa idea de negocio, así como a oportunidade de recibir financiamento por parte da Xunta e do Consorcio Zona Franca de Vigo.

Conde puxo en valor o labor de ViaGalicia, unha das primeiras aceleradoras de iniciativa pública en España, pola que xa levan pasado 900 ideas de negocio das que 120 se consolidaron como proxectos en firme e das que 52 son empresas reais que xeran 300 postos de traballo.

Deja un comentario