+034 986 09 02 04 Xoves 26 de Abril de 2018

NEW HOLLAND ORGANIZA UN GRAN ENCONTRO PARA AGRICULTORES E GANDEIROS GALEGOS O 10 DE ABRIL NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA


 

OS ASISTENTES PODERÁN COÑECER AS ÚLTIMAS NOVIDADES DESTA FIRMA DE MAQUINARIA AGRÍCOLA E PARTICIPAR EN CONCURSOS DE HABILIDADE

A marca de maquinaria agrícola New Holland celebrará o vindeiro 10 de abril na Feira Internacional de Galicia ABANCA un gran encontro para agricultores e gandeiros galegos.

Esta cita, que comezará ás 10.30 horas, permitirá aos asistentes coñecer as distintas gamas de maquinaria e as últimas innovacións desta firma a través dunha exposición.

Ademais, os profesionais do campo terán a posibilidade de participar en concursos de habilidade con máquinas en movemento e realizar consultas aos expertos da firma sobre os seus produtos. Ao remate, contarán coa presenza dun pulpeiro.

New Holland, que busca tamén reforzar a súa imaxe de marca, organiza o evento conxuntamente cos seus concesionarios galegos, Manto Maquinaria (Lugo), Maquinaria Lois (Noia), Fariña Maquinaria (Carballo) e Comercial Agrícola Guerra (Viana do Bolo e Xinzo de Limia), e tamén con Coberman, situado en Camponaraya (León).

A entrada a este encontro é libre, estando invitados a acudir todos os profesionais agrícolas e gandeiros que o desexen.

Un espazo idóneo

Esta cita terá lugar no pavillón 1 do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, cuxas características únicas o volven a converter no lugar escollido para realizar eventos que precisan dun gran espazo cuberto, conta con 11.000 metros cadrados, e con todas as prestacións, como climatización.

Deja un comentario