+034 986 09 02 04 Mércores 18 de Xullo de 2018

ALUMNOS E ALUMNAS DE BASQUE CULINARY CENTER VISITAN O CONCELLODE ARBO


Nun mes estase a celebrar a LVÏII Festa da lamprea que terá lugar os días 27, 28 e 29 de abril e Arbo segue recibindo visitas atraídas polo misterio e encanto da nosa Lamprea e os viños con D.Ou Rías Baixas

Na súa segunda visita a Arbo, os alumnos e alumnas, acompañados polo Alcalde, Horacio Gil, profesores da Universidade e por membros do @Consello Regulador, coñecían as Pesqueiras, esas Majestuosas construcións que parecen que abrazan ao río Miño e onde se captura a lamprea en Arbo e fixeron un percorrido polo Centro de interpretación do viño e a Lamprea “ Arabo” onde o responsable do museo deulles as explicacións pertinentes e visitaron algunha das Adegas con D.Ou rías Baixas. Como peche do acto asistían á elaboración da lamprea en varios estilos e a súa posterior degustación. O Basque Culinary Center é unha Universidade pioneira a nivel mundial. Son membros do seu Padroado MONDRAGON UNIBERTSITATEA, sete dos mellores chefs vascos, empresas líderes no sector de alimentación e bebidas e AZTI Tecnali e Conta ademais, cun Consello Internacional coa implicación de once dos chefs máis influentes do mundo e ten como fin a formación superior, a investigación, innovación e promoción da gastronomía e a alimentación.
O alcalde do Concello de Arbo, sente moi orgulloso da visita dos alumnos e alumnas e agradece ao @Consello Regulador contribuír coa difusión e o maior coñecemento de futuros e futuras cociñeiros e cociñeiras sobre este manxar que é a Lamprea de Arbo e que nos dá o sobrenome da Capital mundial da Lamprea, así como dos nosos viños con D.Ou rías Baixas, recoñecidos mundialmente. Satisfeito polo alcance que Arbo, a enogastronomia e o patrimonio de Arbo esta, ocasionando. O alcalde tamén apunta, que a repercusión a nivel nacional e internacional, vén dada pola promoción que se está levando a cabo no últimos catro anos e cada vez son máis os turistas e peregrinos que escollen Arbo, como o seu destino de vacacións pola rica gastronomía local, porque ofrecemos sabores únicos, comida tradicional con produtos da zona e viños de calidade e por suposto, a raíña da mesa, a lamprea que non falta en ningunha carta dos nosos restaurantes e casas de turismo rural.

Deja un comentario