+034 986 09 02 04 Luns 26 de Outubro de 2020

A CASA DO POBO DE VIASCÓN ACOLLE UN CURSO OFICIAL DE MONITOR DE TEMPO LIBRE CON 350 HORAS DE FORMACIÓN


As xornadas lectivas serán os venres pola tarde, os sábados todo o día e os domingos en quenda de mañá

A Casa do Pobo de Viascón vai acoller un curso homologado para a obtención da titulación oficial de monitor de tempo libre que conta con 350 horas formativas e que arrancará o vindeiro venres 6 de abril. Esta actividade, organizada polo Concello de Cerdedo-Cotobade e que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, celebrarase ata o
9 de xuño con 200 horas de clases teóricas e 150 de prácticas.

As persoas interesadas en participar poden recabar información ou formalizar a súa inscrición nas dúas sedes municipais de Carballedo e Cerdedo ou ben telefonicamente a través dos números 986 760001 ou 986 753006. O prezo da matrícula ascende a 75 euros e o prazo de inscrición permanecerá aberto durante estes días ata completar as 25 prazas ofertadas.

As xornadas lectivas desenvolveranse os venres pola tarde entre as 18.00 e as 22.00 horas, os sábados entre as 10.00 e as 20.00 horas e os domingos na quenda de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

Á conclusión deste curso, os participantes obterán a titulación oficial de monitor de tempo libre expedida pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia e tamén o carné de manipulador de alimentos, xa que esta formación tamén se inclúe no curso pola súa utilidade no desenvolvemento destas actividades de lecer.

Deja un comentario