+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

ÚLTIMAS PRAZAS PARA APUNTARSE AO ABRIL TERMAL, QUE INCLÚE CATRO SAÍDAS AO BALNEARIO DE CUNTIS


O programa municipal baséase nun desprazamento directo que minimiza as molestias do transporte de ámbito comarcal

O programa Abril Termal de Ponte Caldelas, un programa completamente adaptado ás necesidades da veciñanza de Ponte Caldelas e concibido para minimizar o tempo de desprazamento ao balneario, bota a andar este xoves. O Concello dispón de 55 prazas e as últimas aínda están dispoñibles para as persoas interesadas.
O programa, que xurde das peticións dos usuarios habituais doutros programas termais, consiste en catro desprazamentos ao balneario de Cuntis por un prezo de só 56 euros (14 euros por cada xoves). O transporte é completamente gratuíto, polo que os usuarios/as só aboan a tarifa reducida de grupo do balneario. Para participar tan só é necesario estar empadroado/a en Ponte Caldelas e ter cumpridos os 55 anos.
O Goberno local tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) quere minimizar así os inconvintes do desprazamento que se estaban a producir os últimos anos noutros programas termais, ao incluír longos desprazamentos por varios concellos da bisbarra para completar os autobuses, o que repercutía nunha merma do tempo efectivo no balneario. O transporte do Abril Termal sairá de Ponte Caldelas e irá directo a Cuntis, garantindo dúas horas de estancia.

Deja un comentario