+034 986 09 02 04 Venres 21 de Setembro de 2018

A ALCALDESA FÁTIMA ABAL, ACOMPAÑADA DO CONCELLEIRO DE MOCIDADE D. MIGUEL PÉREZ OSORIO PRESENTARON ALTERNATÍVATE


  • Alternatívate forma parte da programación que a concellería de mocidade dirixida por Miguel Pérez que pon en marcha para ofrecer alternativas de lecer á mocidade de Cambados
  • Como alcaldesa de Cambados sempre entendín que había que ter unha concellería de mocidade e que esta fose unha concellería imaxinativa e para os mozos e mozas que conte con iniciativas como é o caso de Alternatívate, que estou segura será un éxito.

Hoxe no salón de plenos do concello de Cambados tivo lugar a presentación da programación para os próximos días de múltiples actuacións enfocadas á mocidade cun tipo de lecer que a xente nova estaba a demandar moi activamente.

O programa que hoxe presentaron consta de 14 actividades, nas que buscaron a máxima variedade. Teñen un ciclo de cinema de terror, actividades que fomentan o deporte, e outras orientadas á creatividade. Desenvolveranse entre os días 13 de abril e o 24 de maio, e a entrada será totalmente gratuíta para toda as actividades, algunhas delas con inscrición previa.

Fátima Abal cre firmemente na mocidade de Cambados, e por esta causa sabe de certo que o deporte é moi importante na vida cotiá da mocidade, pero tamén é moi certo que os mozos e mozas necesitan o seu tempo de esparexemento e lecer e deixar a pasividade e peche que ofrecen as novas tecnoloxías, para saír a gozar de todo o que o noso pobo pode ofrecerlles, e por iso nace Alternatívate e segundo di a alcaldesa, “isto só é o comezo teño grandes proxectos en mente que sumados aos de Miguel Pérez farán de Cambados un referente para a diversión e lecer xuvenil na Comarca do Salnes.

Deja un comentario