+034 986 09 02 04 Domingo 23 de Setembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A CONSTRUTORA NEXIA FARÁ AS OBRAS DA DEPUTACIÓN NA ESTRADA PROVINCIAL ENTRE A N-550 E PERDECANAI EN BARRO


Prevese que as obras poidan comezar de inmediato tras a sinatura do contrato coa adxudicataria
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe a adxudicación das obras de pavimentación e dotación de servizos na estrada provincial EP-0505 entre a N-550 e a igrexa de Perdecanai, no municipio de Barro. Segundo informou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, será a empresa ‘Nexia’a responsable dos traballos, que foron adxudicados finalmente en 422.909,91 euros.
A proposta de Nexia foi a mellor valorada nos informes do persoal técnico provincial entre as dez ofertas que se presentaran, tanto polo seu programa de traballo como pola oferta económica. Agora, unha vez está aprobada definitivamente a adxudicación asinarase o contrato nas vindeiras semanas e a empresa deberá presentar a acta de replantexamento das obras, polo que o máis probable é que, se non xorden complicacións administrativas ou climatolóxicas, as obras poidan empezar de inmediato, nesta mesma primavera.
A mellora da estrada provincial EP-0505 (a actuación do departamento de Mobilidade provincial o 1,2 quilómetros da vía) ten como obxectivo renovar a capa de rodaxe de xeito integral, crear un espazo de tránsito peonil, instalar novo saneamento e tamén dispositivos de calmado de tráfico. Haberá catro pasos de peóns sobreelevados, nova sinalización horizontal e vertical e a crearase un espazo e de bicicletas polo que poderán camiñar con seguridade os veciños e veciñas da zona. Unha vez rematen os traballos -o prazo de execución é de seis meses- a vía será transferida ao Concello.
Esta obra realizarase grazas ao convenio asinado entre a Deputación e o Concello, no que se estableceu que o financiamento será ao 70%-30%.

Deja un comentario