+034 986 09 02 04 Martes 11 de Decembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O GOBERNO DE CARMELA SILVA DESTINA MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS DO PLAN CONCELLOS A OUTROS TRES CONCELLOS PARA A CONTRATACIÓN DE 86 PERSOAS


Baiona, Bueu e O Grove son as vilas que se van beneficiar destas novas achegas da liña 3 do “Plan Concellos 2018”

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a décima relación de concellos que se van beneficiar das achegas da liña 3, para o fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do “Plan Concellos 2018”. Así, Baiona, Bueu e O Grove son as vilas que van recibir 553.560,89 euros para a contratación de 86 persoas.

Máis polo miúdo, ao concello de Baiona a Deputación de Pontevedra destinará 208.237,36 euros para a contratación de 38 traballadores relacionados coa limpeza, a xardinería, a construción, a canteiría, a condución e o turismo.

Á Bueu, a Deputación de Pontevedra achega 164.831,78 euros para contratar 27 traballadores que realizarán tarefas relacionadas coa xardinería, administración, animación, carpintería, traballo forestais e limpeza.

Por último, a Deputación de Pontevedra destinará ao Grove 180.401,75 euros para contratar 21 traballadores para obras públicas, carpintería, traballos forestais, xardinería, administración, condución e turismo.

Este ano, a liña 3 do Plan Concellos está dotada de 9.540.000 euros, un 2,5% máis que no 2017. Con estas achegas aos concellos de Baiona, Bueu e O Grove, xa está concedido o 86% da liña 3, beneficiando a 53 concellos da provincia e empregando a preto de 971 persoas.

Deja un comentario