+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Novembro de 2018

CAMPEONATO BADMINTON PRIMARIA


O 15 de Abril vaise celebrar en Ponteareas o Campionato Escolar zonal individual 2018 de Bádminton, organizado polo Club Bádminton Ponteareas e coa colaboración do Servizo Provincial de Deportes dependente da Xunta de Galicia, a Asociacion Deportiva Escolar do Condado ( ADECONPAR) e o Concello de Ponteareas . Preto de 120 deportistas dos distintos centros educativos de primaria da comarca. Estes 120 nenos foron seleccionados ao longo de varias xornadas deportivas de bádminton entre distintos centros educativos de primaria da comarca a través de Xornadas escolares no Pavillón Alvaro Piñeiro de Ponteareas e/ou nos propios centros escolares. As xornadas cos escolareas consistían en ensinarlles un pouco mais deste deporte a través de charlas, vídeos, exhibicións e partidos. Celebrando as Xornadas Escolares de Bádminton , pretenden incentivar a que os nenos vexan o bádminton como unha diversión, unha forma de pasar tempo xogando mentres compiten; xa que o exercicio regular favorece o bo desenvolvemento físico e mental. Axúdalles a integrarse máis socialmente e a adquirir valores fundamentais, como o compañeirismo, aprender a perder, seguir regras, aumenta as posibilidades motoras, etc. As xornadas cos escolareas consistían en ensinarlles un pouco mais deste deporte a través de charlas, vídeos, exhibicións e partidos. Os centros participantes: CEIP Bouza Brey, Colexio Inmaculada, CPI Mondariz, CEIP Santiago de Oliveira, CEIP Antonio Blanco Covelo, CEIP Feliciano Barreira Gulans, CEIP Ramiro Sabell Mosquera, CEIP Infante Felipe de Salvaterra, etc . Os Clasificados deste Campionato que se celebrará este próximo domingo 15 de Abril, pasarán a participar no Campionato Escolar Condado Paradanta Baixo Miño que se celebrará o próximo 6 de Maio e o 26 de maio o Campionato Provincial Escolar . Agradecemos a axuda prestada da Asociacion Deportiva Escolar do Condado e A Paradanta ( ADECONPAR) que dirixe o Profe José Luis Soto así como a todos os profes de educación física de todos os coles e institutos que estiveron involucrados neste programa escolar , tamén dar as grazas ao Concello de Ponteareas e ao Servizo Provincial de Deportes de Vigo. Este é o momento ideal para que os afeccionados ao bádminton e ao deporte en xeral achéguense a gozar do bádminton no Pavillón Alvaro Piñeiro de Ponteareas, en cuaquiera das nosas escolas (Mondariz, A Cañiza, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas) ou en calquera dos torneos marcados na axenda da Tempada. Para mais información teléfono de contacto 656 261542, teléfono 609927471 ou correo electrónico cbponteareas@yahoo.es

Deja un comentario