+034 986 09 02 04 Mércores 19 de Decembro de 2018

NEW HOLLAND CELEBRA MAÑÁ NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA UN GRAN ENCONTRO PARA AGRICULTORES E GANDEIROS GALEGOS


OS ASISTENTES PODERÁN VER UNHA TRINTENA DE MÁQUINAS SOBRE AS QUE COÑECERÁN AS SÚAS PRESTACIÓNS DE MAN DE EXPERTOS DA FIRMA PRESENTES NO EVENTO

A marca de maquinaria agrícola New Holland celebrará mañá na Feira Internacional de Galicia ABANCA un gran encontro para agricultores e gandeiros galegos.

Esta cita, que comezará ás 10.30 horas, permitirá aos asistentes coñecer distintas gamas de maquinaria e innovacións desta firma a través dunha exposición. Nela estarán presentes preto dunha trintena de máquinas, entre elas tractores, empacadoras, cosechadoras e a nova gama de apeiros.

Ademais, os profesionais do campo terán a posibilidade de participar en concursos de habilidade con máquinas en movemento e realizar consultas aos expertos da firma tanto sobre os produtos expostos como relacionadas coa maquinaria fabricada pola empresa. Así mesmo, terán a posibilidade de participar en sorteos e, ao termo do evento, contarán coa presenza dun polbeiro.

New Holland, que busca tamén reforzar a súa imaxe de marca, organiza o evento conxuntamente cos seus concesionarios galegos, Manto Maquinaria (Lugo), Maquinaria Lois (Noia), Fariña Maquinaria (Carballo) e Comercial Agrícola Guerra (Viana do Bolo e Xinzo de Limia), e tamén con Coberman, situado en Camponaraya (León).

A entrada a este encontro é libre, estando convidados a acudir todos os profesionais agrícolas e gandeiros que o desexen.

Deja un comentario