+034 986 09 02 04 Martes 24 de Abril de 2018

VECIÑOS DE QUIREZA SOLICITAN O APOIO DO PLENO NAS SÚAS DEMANDAS DE MELLORA E ENSANCHAMENTO DA ESTRADA EP-7102


O executivo respalda todas as solicitudes para este vial formuladas polos lugareños, que van colgar pancartas reivindicativas

O goberno local de Cerdedo-Cotobade e os veciños da parroquia de Quireza e a súa contorna celebraron unha xuntanza para abordar o estado da mellora da estrada EP-7102, Serrapio-Quireza-Portela, xa que consideran insuficiente o proxecto plantexado pola Deputación de Pontevedra e no transcurso da mesma os lugareños solicitaron, como primeira s medidas, o apoio plenario ás súas demandas de ensanchamento e a colocación de pancartas reivindicativas.

Na xuntanza, o vicepresidente municipal, José Balseiros, acompañado polo presidente, Jorge Cubela, e seis membros do goberno local, explicou todo o proceso negociador e as xestións realizadas durante todos estes meses co organismo provincial para tratar de que esta estrada se ensanche ata os 9 metros, tal e como xa está nalgúns puntos e como promoveu o anterior executivo provincial, no canto dos 7 metros que plantexa actualmente a Deputación.

“Traballamos arreo na defensa dos vosos intereses e dos de todo o concello, que ademais correspóndense cunhas demandas completamente razoables, pero foi como petar contra unha parede. Fomos prudentes, agardamos o que fixo falta e insistimos, pero non hai absolutamente nada que facer. A Deputación tomou unha decisión e non a vai mudar porque esta zona e o rural non lle interesan o máis mínimo”, detallou Balseiros.

“O sentido común, e tamén os técnicos, din que este vial debe chegar aos 9 metros para ser completamente seguro pola sinuosidade que ten e tamén é necesario ampliar as dúas pontes e mellorar o firme máis cos dous quilómetros proxectados, pero non se vai facer porque non queren investir aquí e para elo utilizan argumentos falaces, como que o tráfico deste vial é de só
16 vehículos diarios, algo que todos sabemos que é mentira”, proseguiu o vicepresidente, que se amosou convencido de que “a única posibilidade de que se atendan as nosas demandas pasa por un cambio de goberno provincial o vindeiro ano”.

Tras estas explicacións, e despois de deixar claro que apoiarán todas as iniciativas veciñais, abriuse unha quenda de intervencións entre os máis de medio cento de asistentes, que, malia as poucas posibilidades de que se atendan as súas demandas, solicitaron a convocatoria dun pleno

Deja un comentario