+034 986 09 02 04 Xoves 15 de Novembro de 2018

NEW HOLLAND MOSTROU AS SÚAS NOVIDADES A MÁIS DE 800 GANDEIROS E AGRICULTORES GALEGOS NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA


O EVENTO CONTOU COA PRESENZA DO DIRECTOR XERAL DE DESENVOLVEMENTO RURAL E O DELEGADO DA XUNTA DE GALICIA EN PONTEVEDRA, ADEMAIS DO DIRECTOR XERAL DA FIRMA EN ESPAÑA

A marca de maquinaria agrícola New Holland celebrou no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA un encontro para agricultores e gandeiros galegos.

Esta cita, que contou coa participación do director xeral de New Holland en España, Riccardo Angelini, rexistrou a asistencia de máis de 800 agricultores e gandeiros de distintos puntos da xeografía galega. Así mesmo, foi visitada polo director xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

Os profesionais do campo que acudiron a este evento puideron ver e coñecer ata primeira hora da tarde as prestacións de distintas máquinas e innovacións da firma. Mostráronse unha trintena, entre elas tractores, empacadoras, cosechadoras e a nova gama de apeiros. Sobre elas, e tamén respecto a outros produtos fabricados pola empresa, tiveron a posibilidade de realizar consultas aos expertos da firma presentes no evento.

Por outra banda, moitos dos asistentes participaron en concursos de habilidade con máquinas en movemento, concretamente de amoreado de pacas e aparcamento de remolque.

Sorteos e a presenza dun polbeiro completaron esta cita que a marca organizou conxuntamente cos seus concesionarios galegos, Manto Maquinaria (Lugo), Ramón Lois (Noia), Fariña Maquinaria (Carballo) e Comercial Agrícola Guerra (Viana do Bolo e Xinzo de Limia), e tamén con Coberma, situado en Camponaraya (León).

Deja un comentario