+034 986 09 02 04 Martes 24 de Abril de 2018

O CONCELLO ACOMETE DÚAS FASES DE SANEAMENTO E OBRAS DE CONTENCIÓN PARA FAVORECER A SEGURIDADE EN VIASCÓN


As dúas actuacións, visitadas por Jorge Cubela e Javier Lois, benefician aos 170 veciños dos lugares de A Costa, Bouza e Cuiñas

O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de rematar parte das obras incluídas no Plan Parroquias para a contorna de Viascón, xa que acometéronse dúas fases da nova rede de saneamento e importantes obras de seguridade coa construción de senllos muros de contención destinados a evitar derrubes de terra. Estes traballos supuxeron un investimento global de 170.000 euros e foron visitados polo presidente municipal, Jorge Cubela, e o concelleiro Javier Lois.

En primeiro lugar, realizouse unha fase inicial do saneamento dos lugares de A Costa, Bouza e Cuiñas cun investimento de 70.000 euros, que tivo continuidade cunha cantidade similar para a segunda fase coas acometidas na zona da estrada provincial que discorre cara o lugar de Camiño Novo. Deste xeito, estes traballos permiten seguir extendendo a rede de sumidoiros polo termo municipal e beneficiarán aos 170 veciños destas aldeas.

Así mesmo, tamén se procedeu á construción de dous muros de contención de grandes dimensións e elaborados en mampostería en dous puntos desta parroquia nos que se tiñan detectado importantes filtracións de auga por mor da gran cantidade de choiva e do efecto da gravidade sobre o terreo, que ten un desnivel bastante forte. Deste xeito, había risco de que houbera algún accidente a causa de derrubes de terra e decidiuse emprender esta medida de seguridade con estes muros de fixación nos que se investiron 30.000 euros.

Durante o percorrido de inspección, Cubela quixo destacar a “constante mellora de infraestruturas e servizos públicos” que o Concello está a realizar na parroquia de Viascón e lembrou que estes traballos “danlle continuidade á importante obra de seguridade acometida no acceso á igrexa coa construción dunha longa barandilla de madeira”. Neste senso, indicou que os traballos non quedarán aquí “e xa temos en mente novas obras para dar cobertura ás necesidades de Viascón”.

Deja un comentario