+034 986 09 02 04 Luns 24 de Setembro de 2018

O GOBERNO LOCAL DE PONTE CALDELAS SÚMASE Á PETICIÓN DE QUE O APARCAMENTO DO NOVO MONTECELO SEXA GRATUÍTO


O equipo municipal aposta por servizos públicos de calidade e rexeita o modelo de negocio ao redor da sanidade

O Goberno local de Ponte Caldelas, diante das dúbidas suscitadas trala presentación do proxecto do novo hospital da área sanitaria de Pontevedra, súmase ás peticións institucionais e cidadáns que se están a producir para que se garanta a gratuídade do aparcamento previsto no proxecto presentado esta semana.
O equipo municipal tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) apoia unha sanidade pública de calidade e rexeita os modelos de privatización e negocio ao redor dun servizo que todos e todas precisamos, en maior ou menor medida.
Ponte Caldelas lembra que a área sanitaria de Pontevedra leva moitos anos agardando á “homologación” da súa dotación hospitalaria coa construción do que agora se deu en denominar “Gran Montecelo”. Un hospital que estaba listo para a súa licitación no ano 2009 e que, despois de moitas voltas e ata tres proxectos distintos, coas súas correspondentes maquetas, vólvese presentar agora anunciando unha hipotética inauguración para o ano 2021.
“Tras tanta espera, na que a cidadanía desta área sanitaria viu como se construían e melloraban o resto das grandes áreas sanitarias galegas por parte do Goberno galego”, conclúe o Goberno local, “toca unha aposta por un servizo público de calidade, incluíndo o aparcamento gratuíto”.

Deja un comentario