+034 986 09 02 04 Mércores 18 de Xullo de 2018

BOCASELAS PREVÉ DESPACHAR MÁIS DE 7000 BOCATAS NA SÚA PRIMEIRA EDICIÓN


O Concello de Salceda de Caselas xunto con 15 locais hostaleiros do municipio veñen de presentar o Bocaselas, a primeira ruta de bocadillos do municipio, que se celebrará os venres e os sábados entre o 20 de abril e o 12 de maio (ambos incluídos). Establécense dúas rutas diferenciadas: unha para os venres con 9 locais participantes, e outra para os sábados na que serán 6 os establecementos presentes.
Esta nova iniciativa xurde tralo éxito que está a acadar cada ano o Pincho Folk, que leva xa celebradas cinco edicións e que cada ano ten lugar no mes de setembro. Créase unha nova ruta que neste caso se centrará nos bocadillos, que se venderán ao prezo de 1,50 €, podendo acollerse en tódolos locais á oferta “bocatín + caña a 2,50 €”.
Concello e sector hostaleiro van da man nesta nova iniciativa convencidos de que o público de Salceda e arredores volverá dar unha resposta positiva, e tamén por iso se prevén premios para as persoas que degusten os bocatas en varios establecementos, e que entrarán no sorteo de vales de compra para consumir nos locais participantes.
Loli Castiñeira, Concelleira de Comercio e Turismo, presentou o evento como una importante iniciativa para dinamizar o pobo e sobre todo os establecementos hostaleiros. “Pensamos en seguir organizando este tipo de eventos que apoien ao comercio local, neste caso á hostalería. O Concello plantexou a iniciativa e estamos moi satisfeitos coa acollida que tivo por parte dos diferentes establecementos e coa colaboración obtida dende o primeiro momento”.

Deja un comentario