+034 986 09 02 04 Xoves 26 de Abril de 2018

O PSOE PREOCUPADO POLA FALTA DE ORZAMENTOS NA LAMA


O Portavoz do PSdeG-PSOE no Concello da Lama, manifestou a súa preocupación por falta dun orzamento municipal aprobado a mediados do mes de abril, sen que o alcalde tivese a ben traelo para a súa discusión no pleno.

“É evidente que coa saída dalgún funcionario do concello, as cousas volven estar mal. Cando eu cheguei de concelleiro o alcalde non sabía o que era un orzamento municipal, e fomos moitos os que esiximos que se aprobarán unhas contas cunha ferramenta tan importante como esta”, afirmou Vaqueiro.

“Pasou o tempo e fíxonos caso, bo, a nós e a Facenda que o interveu cun plan de axuste que lle obrigou a facer un orzamento con partidas detalladas durante todos os anos. Pero agora parece que volvemos ao momento de partida, e no mes de abril aínda non se trouxo unha aprobación definitiva do orzamento ao pleno ordinario. Algo cheira mal”, rematou Vaqueiro.

O orzamento municipal é unha ferramenta moi útil para calquera concello, pois che permite ter unha previsión de ingresos e saber con antelación onde vas meter o diñeiro dos cidadáns durante todo o ano. Os concellos de menor tamaño, como A Lama, teñen unha marxe de aprobación dos devanditos orzamentos máis amplío, pero tamén son de obrigado cumprimento.

Deja un comentario