+034 986 09 02 04 Martes 21 de Agosto de 2018

OS CONCELLOS DE CRECENTE E ARBO RENDEN HOMENAXE Á GUARDÍA CIVIL


O Concello de Arbo celebrou este sábado 14 de abril unha xornada de achegamento, exhibición e exposición da Garda Civil

Esta xornada organizada polos Concellos de Crecente e Arbo, inédito evento no municipio É un sinxelo acto, pero encerra un sentimento moito máis profundo, o sentir dun pobo que sente agradecido por tantos anos de servizo para connosco. Nos momentos máis dramáticos que vivimos nos últimos anos estivo connosco a Garda Civil, son numerosos os servizos pequenos e grandes realizados, pero destacaría aquel momento en que as chamas dun incendio forestal arrasaban unha vivenda e os axentes entraban e rescataban a unha persoa que podía falecer. O auxilio na estrada, o apoio a mulleres vítimas de violencia de xénero, a solucións en pequenos conflitos e sobre todo a presenza… A Garda Civil sempre está, sempre chega e espéraselle…

Con este acto preténdese achegar á cidadanía o acontecer diario das distintas unidades deste corpo, mostrando os medios dos que dispoñen e explicando os principais labores que desempeñan dunha maneira lúdica e con actividades enfocadas cara os máis pequenos.

No ano 1844 créase o Corpo da Guardía Civil polo Duque de Afumada e é no ano 1900 cando se creo do primeiro cuartel da Garda Civil en Arbo, cun cadro de persoal inicial dun cabo e catro gardas, abarcando a demarcación comprendida entre Ponche Cabaleiros e Filgueira (Arbo – Crecente).

Deja un comentario