+034 986 09 02 04 Luns 17 de Decembro de 2018

SALCEDA RECUPERARÁ A RÚA COMPOSTELA PARA AS PERSOAS


A Rúa Compostela pasará a formar parte das rúas humanizadas do casco urbano de Salceda grazas a unha nova actuación enmarcada no Plan Concellos 2018, para a cal se reserva unha partida de 123.769,33 €. Esta nova actuación enmárcase dentro da política de humanizacións que está a desenrolar o Concello de Salceda, dando continuidade aos proxectos xa levados a cabo no entorno da Praza do Concello, así como nas rúas Pontevedra, Av. De Galicia, Victoriano P. V., Joaquín Fernández Sestelo e recentemente tamén na Rúa Rafael Tilve Adrio. Conséguese así que tanto a imaxe como o sistema de infraestructuras do casco urbano se vaian renovando e modernizando, priorizando en cada unha das actuacións a recuperación dos espazos para uso do tráfico peonil, favorecendo así a mobilidade dos colectivos máis vulnerables: persoas con mobilidade reducida, infancia e terceira idade, coa supresión de barreiras arquitectónicas que conleva a creación de espazos universais e accesibles para todos e todas.
A obra suporá ademais a creación dunha pequena praza diante do actual Centro de Saúde, mantendo así sempre o peón como centro da proposta. Para a praza, ao igual que para as beirarrúas seguirase a apostar polo granito, aproveitando a tradición do oficios de canteiros en Salceda, seguindo o modelo que se ten empregado nas restantes humanizacións xa levadas a cabo.
O Concello de Salceda segue así coa liña iniciada no ano 2007, de recuperación dos espazos públicos para as persoas. Os vehículos pasan a convivir dun xeito amable cos peóns, pero estes/as gañan maiores espazos e maior comodidade á hora de desprazarse pola vila. Cabe lembrar tamén que o Concello de Salceda forma parte do proxecto denominado “A Cidade dos Nenos/as”, o cal fomenta proxectos deste tipo, con prioridade de peóns sobre os vehículos, e coa creación de espazos de lecer tanto no casco urbano como nas parroquias.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Esta nova obra de humanización ven a completar a recuperación dos espazos máis céntricos da vila. Queremos seguir a construír unha Salceda pensada para as persoas, con especial coidado nos colectivos máis vulnerables, garantindo en todo momento os servizos, a accesibilidade, a mobilidade e a seguridade de todos e todas”.

Deja un comentario