+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

A DEPUTACIÓN ENCARA XA O FINAL DA MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL ESCUADRO-SILLEDA COS TRABALLOS DE PINTADO


O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que hoxe está previsto iniciar os traballos de sinalización horizontal

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, dirixido por Uxío Benítez, encara xa o final da obra de mellora da estrada provincial EP-6509 Escuadro-Silleda. Segundo indica o nacionalista hoxe está previsto iniciar os traballos de pintado da sinalización horizontal, que se tiveron que adiar dende hai días por causa da chuvia. Deste xeito, e se non se volve en contra a climatoloxía novamente, os traballos que está a realizar a empresa Elsamex finalizarán dentro deste mes.

Benítez lembra que esta actuación supón unha ampliación da sección da estrada pola súa marxe esquerda nun treito de 560 metros de lonxitude, entre os puntos quilométricos 4+460 e o 5+200, onde que se ampliará a plataforma rodada ata os 5,5 metros de largo; a rehabilitación integral do firme da calzada; o saneo das cunetas e a mellora da drenaxe superficial; así como a construción dun muro de contención. Ademais, no proxecto contemplouse a instalación de elementos de calmado de tráfico como os colocados ao abeiro do Plan Móvese para mellorar a seguranza viaria, nova sinalización horizontal e delimitación da velocidade máxima a 30 quilómetros por hora en todo o ámbito de actuación.

As obras na EP-6509, apunta o nacionalista, suporán un importante cambio con respecto ao anteiror estado da vía, e permitirán aumentar a seguranza viaria na zona, un dos criterios fundamentais da Estratexia de Mobilidade 3.0 que está a desenvolver o novo goberno da Deputación. Hai que lembrar que as obras tiveron un orzamento de licitación de 136.302 euros e foron adxudicadas por 99.200 euros.

Deja un comentario