+034 986 09 02 04 Mércores 21 de Novembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN MELLORA A DRENAXE LONXITUDINAL NA ESTRADA PROVINCIAL FEFIÑÁNS OUBIÑA EN CAMBADOS


O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que esta actuación ten un orzamento de case 10.000 euros

A Deputación de Pontevedra está a realizar obras para a mellora da drenaxe lonxitudinal na estrada provincial EP-9002 Fefiñáns-Oubiña no termo municipal do Concello de Cambados. Os traballos, segundo indica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, teñen un orzamento de 9.442,72 euros, e estarán rematados se a climatoloxía o permite a finais do mes de maio.

As obras consistiron na limpeza das marxes para despois colocar unha cuneta remontable de formigón en paralelo á calzada, mellorando a drenaxe lonxitudinal co obxecto de recibir e canalizar augas pluviais procedentes da calzada e da escorrentía superficial dos desmontes adxacentes no punto quilométrico 3+900.

Os operarios, nun primeiro momento, realizaron unha roza incluso dos noiros, por medios mecánicos -cunha motonniveladora-, retirando os tocos e raíces existentes. Posteriormente cortouse o pavimento e demoleuse o aglomerado cunha retroexcavadora de martelo rompedor para formar unha gabia drenante, composta por un tubo de PVC rodeado de grava e envolto un xeotéxtil. Finalmente executarase unha cuneta revestida de formigón remontable en forma de ‘L’ cunha sección libre dun metro de largo. Aproveitando o bo tempo desta semana a empresa adxudicataria intentará dar un pulo importante á obra para intentar reducir o prazo de execución.

Esta actuación encádrase dentro dos labores de mantemento que o departemento de Mobilidade está a executar de forma ordinaria dentro da Estratexia de Mobilidade 3.0, na que a conservación do viario da rede de estradas provinciais é un dos puntos máis importantes, segundo explica o deputado nacionalista Uxío Benítez.

Deja un comentario