+034 986 09 02 04 Venres 14 de Decembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN MELLORA A CAPA DE RODADURA DUN TREITO DA ESTRADA PROVINCIAL A CAÑIZA-POUSA PARA MELLORAR A SEGURANZA VIARIA


O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que a actuación inclúese dentro do Plan Móvese para garantir a durabilidade dos pasos de peóns sobreelevados
A Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Mobilidade, vén de mellorar a capa de rodadura dun treito de 250 metros na estrada provincial EP-5005 co fin de garantir a seguranza viaria dos pasos a nivel sobreelevados executados ao abeiro do Plan Móvese. Segundo asegurou o deputado Uxío Benítez, a actuación supuxo a rehabilitación de 2.700 metros cadrados de superficie de firme, para o que se precisaron 320 toneladas de aglomerado.
Esta actuación incluíuse dentro do Plan Móvese debido a que era necesario mellorar o firme para eliminar fendas e cuarteiróns da base na que se executaron os pasos de peóns sobreelevados, pola que se infiltraban augas e desfacían a estrada. Unha vez rematada a capa de aglomerado procederase nestes días ao pintado da sinalización horizontal garantindo a súa durabilidade.
Hai que lembrar que o investimento da Deputación provincial no Condado-Paradanta na primeira fase do Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (MÓVESE), xunto coa actuación de pintado de estradas, ascendeu a 567.730 euros, estando desglosados en 359.547,89 euros doplan de calmado de tráfico, cos que se instalaron 39 pasos de peóns sobreelevados (PPS) e 16 (RV) redutores físicos de velocidade, e no pintado horizontal, con 208.182,11 euros.
Na comarca do Paradanta as actuacións do departamento de Mobilidade resumíronse en 2 PPS e 93,7 quilómetros de pintado horizontal en A Cañiza; 4 PPS e 5 RV en Covelo, que contará tamén co pintado de 34,8 quilómetros de marcas viarias distribuídas en seis estradas; 3 PPS e un RV en Arbo xunto con 24,4 quilómetros de pintado; e dous PPS en Crecente xunto co pintado de 14,1 quilómetros. Hai que lembrar que as actuacións (lombos e redutores para establecer zonas 30 de velocidade máxima) foron solicitadas no seu día polos concellos e que nestes momentos estase a avaliar a documentación e solicitudes presentadas novamente polos gobernos locais para aumentar o seu número nunha segunda fase.
Por outra banda, tamén no termo municipal de A Cañiza o departamento de Mobilidade tamén está a realizar traballos de sostemento dun noiro no punto quilométrico 4+420 da estrada provincial EP-5003 A Cañiza-Arbo, onde se está a instalar unha malla de triple torsión para despois colocar os correspondentes bulóns e unha nova malla de sostemento.

Deja un comentario