+034 986 09 02 04 Mércores 23 de Setembro de 2020

O SPRING FESTIVAL OFRECE MAÑÁ UN CARTEL DE LUXO CON PANORAMA, PARÍS DE NOIA E CARLOS BAUTE NO QUE SERÁ O PRIMEIRO CONCERTO DA SÚA NOVA XIRA


AS NOVIDADES SERÁN AS PROTAGONISTAS DA NOITE, PODÉNDOSE ESCOITA O SINGLE QUE O ARTISTA VENEZOLANO ESTREA NO FESTIVAL E DESFRUTAR DOS NOVOS ESPECTÁCULOS DAS ORQUESTRAS PARA ESTA TEMPADA

O Spring Festival celebra mañá a súa cuarta edición, e faino cun cartel de luxo que inclúe ao artista Carlos Baute, quen ofrecerá o primeiro concerto da súa nova xira, e a dúas das orquestras máis aclamadas do momento, Panorama e París de Noia.

O festival, organizado pola empresa Piñeiro Pub, abrirá as súas portas no pavillón 1 do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA ás 21.30 horas e comezará sobre as 22.15 horas, para estenderse aproximadamente durante nove horas. París de Noia será a primeira agrupación en saír ao escenario, para logo dar paso a Carlos Baute ás 00.00 horas. Tras a actuación deste artista internacional será a quenda da orquestra Panorama, a continuación de novo o espectáculo de París de Noia e, para rematar, o segundo pase de Panorama.

O Spring Festival, ao que acudirán varios xornalistas que están a facer unha ampla reportaxe sobre o mundo das orquestras, contará cun photocall no que os asistentes poderán fotografar o seu paso polo festival.

Nesta edición o evento, que conta con carácter social dende o pasado ano, será a favor do programa Silleda Solidaria, o cal recibirá da organización un donativo de 1.500€.

Os tickets para asistir ao evento pódense adquirir mañá a partir das 21.00 horas en taquilla cun prezo de 12 euros. De forma anticipada aínda é posible compralos hoxe venres nos puntos de venta físicos, ata ás 20.00 horas nos correspondentes con locais de hostalería e ata a hora de peche habitual nos restantes establecementos, cun custe de 10 euros. O aparcadoiro será gratuíto.

A organización do festival ten boas expectativas de cara a que esta cuarta edición supere en asistentes á anterior, á que acudiran 5.000 persoas, pois a falta do día de hoxe para adquirir entradas en prevenda, a venda anticipada de tickets supera xa a do ano pasado, se ben tamén destacan que a maior porcentaxe se despacha en taquilla o día do evento. A isto súmase que todos os hoteis e aloxamentos do concello de Silleda están xa completos para ese día.

Novos espectáculos e presentacións
As novidades serán mañá as protagonistas da noite, permitindo aos asistentes ao festival desfrutar dos espectáculos que as orquestras ofrecerán nas súas novas tempadas. Así, Panorama presentará no Spring Festival a súa xira Deluxe Tour, na que inclúen novos escenario, imaxe e coreografías, ademais de novas cancións. París de Noia tamén amosará escenario renovado e o seu espectáculo practicamente rematado, que identifica nas redes sociais como #alolocolaparis.

Pola súa banda, Carlos Baute, que ofrece no Spring Festival 2018 o primeiro concerto da súa nova xira, tamén se suma as presentacións e estreará no evento o seu single ¿Quién es ese?

Deja un comentario