+034 986 09 02 04 Luns 10 de Decembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN RECIBE 18 OFERTAS DE EMPRESAS CONSTRUTORAS QUE COMPITEN POR FACER AS OBRAS DA NOVA AVENIDA-VARIANTE DE TOMIÑO


O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que os técnicos provinciais están a valorar as propostas técnica e economicamente

A Deputación de Pontevedra vén de recibir 18 ofertas de empresas construtoras que compiten por facer as obras da nova avenida variante de Tomiño. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explicou que os técnicos provinciais están a valorar as propostas técnica e económicamente e que en breve se coñecerá a adxudicataria.

Entre as cuestións que se están a analizar está o programa e equipo de traballo para a obra (15 puntos), o plan de control de calidade (10 puntos), a memoria de traballo (15 puntos), e o plan de actuación ambientais (9 puntos). As empresas que acaden un mínimo de 25 puntos na parte anterior pasarán á valoración económica, onde o menor prezo ofertado obterá un máximo de 51 puntos.

Unha vez estudiados todos estes criterios realizarase unha proposta de adxudicación que deberá ser aprobada en Xunta de Goberno. A partir de aí formalizarase o contrato e presentarase a acta de replantexamento da obra. O prazo de execución dos traballos está fixado en doce meses de máximo polo que, se a tramitación administrativa non se complica e a climatoloxía o permite, a actuación estará finalizada na primavera de 2019.

A nova variante de Tomiño está denominada oficialmente como ‘Mellora da conexión entre a estrada provincial EP-3102 (Tomiño-Sabarís) e a estrada autonómica PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano de Seixo (Tomiño)’, e suporá a construción dunha nova estrada con tipoloxía de avenida que exercerá de rolda e permitirá a mellora da mobilidade peonil no núcleo urbano derivando o tráfico rodado que actualmente pasa polo núcleo da vila. Tamén servirá de conexión entre a vila e vía de alta capacidade (VAC) Tui-A Guarda que contempla un acceso ao núcleo de Tomiño.

Deja un comentario