+034 986 09 02 04 Venres 14 de Decembro de 2018

REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO SOBRE A SITUACIÓN DOS TERREOS CON LINDANO NO CONCELLO DO PORRIÑO


Responsables das consellerías de Medio Ambiente e Sanidade mantiveron un encontro coa alcaldesa de Porriño para intercambiar información sobre as tarefas realizadas ata o momento

A Comisión de seguimento sobre a situación dos terreos nos que se ten detectado a presenza de lindano no Concello de Porriño celebrou esta mañá unha reunión na Delegación Territorial de Vigo, na que participaron representantes das consellerías das Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e de Sanidade, do Concello de Porriño e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Desde a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio indicóuselle aos asistentes á reunión que -en base ao estudo de solos- estase xa a rematar a redacción do proxecto de remediación da pista afectada na zona de Contrasto, o principal foco de contaminación.

Tamén desde a Consellería de Sanidade se ofreceu información sobre as tomas de mostra de auga para o seguimento de traídas, pozos e fontes; polo que se mantén a recomendación de non consumir auga dos pozos particulares.

Pola súa banda, a alcaldesa do Porriño informou que vén de presentar o proxecto de obra de abastecemento de auga aos veciños, que agora debe ser valorado pola Consellería de Sanidade.

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia traballou desde que se ten coñecemento da situación para evitar as vías de exposición da poboación ao lindano, en colaboración co Concello do Porriño.

Deja un comentario