+034 986 09 02 04 Mércores 21 de Novembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O GOBERNO DE CARMELA SILVA ACHEGA Á GUARDA PRETO DE 170.000 EUROS PARA REPOÑER O CÉSPEDE DO CAMPO DE FÚTBOL DA SANGRIÑA


O concello da Guarda, ao abeiro do Plan Concellos 2018, ten a súa disposición 1.348.813,20 euros, un 76,09% máis que no 2017

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova achega para o concello da Guarda. En concreto trátase dun investimento de 169.595,78 euros para que a vila do Baixo Miño acometa a reposición do céspede do Campo de Fútbol Municipal da Sangriña.

Anteriormente, A Guarda xa recibirá da Deputación de Pontevedra 164.699,59 euros da liña 3 de emprego para poder contratar a 18 traballadores.

Carmela Silva recordou que “A Guarda, ao abeiro do Plan Concellos 2018, ten a súa disposición 1.348.813,20 euros, un 76,09% máis que no 2017”. Deste xeito, o concello do Baixo Miño xa ten recibido 24,8%, isto é 334.295,37 euros.

Este ano a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de €, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.

Deja un comentario