+034 986 09 02 04 Mércores 23 de Maio de 2018

O CLUB CICLISTA PONTEAREAS GANA A CHALLENGUE RIAS BAIXAS


Este fin de semana disputouse a Challengue Rias Baixas, organizada polo Club Master da Louriña, nos Concellos de Porriño, Mos e Ponteareas

O Club Ciclista Ponteareas participou coa categoría Xuvenís, constando a mesma en 3 probas distintas.

Para dita proba desplazaron a 6 dos seus ciclistas da categoría Xuvenil, logrando entre o traballo de todos eles, que o seu corredor Adrian Giraldez conseguise gañar as 3 probas e así facerse co maillot de líder da categoría Xuvenil, tamén Adrian Canda conseguia nunha das probas facerse coa 3ª posición.

Non foi a única proba na que o Clube participou esta fin de semana, nin os únicos pódiums, xa que tamén participaron na carreira de carretera disputada en Monterroso (Lugo), logrando na categoría cadete masculino a 2ª posición Miguel Rodriguez e a 4ª Manuel Rodriguez, na categoría Infantil Femenina Vania Gregores conseguia a 2ª posición, pero non queda ahí xa que na categoría de Principiantes Femenina Alba Gregores fíxose coa 1ª posición, e Brais Gregores e Hugo Posada coa 4ª e 5ª posición na categoría de Principiantes Masculino.

Outro dos xuvenis do Club Ciclista Ponteareas, Brais Gomez, ia convocado coa Selección Galega a disputar a Guipuzcoa Klasika.

Na categoría Master do Club tamén disputaron probas esta fin de semana, coma Guedella e Cañete que participaron no Desafio Terras do Turonio, logrando estar entre os 20 primeiros e Posada que participou na BTT Berço do Alvarinho.

Vese que no Club Ciclista Ponteareas están moi contentos e contaxiaronse do logro conseguido pola sua madriña, Susana Alonso, que esta semana pasada conseguia o Campionato de España de Ultramaratón disputado en Huelva.

Deja un comentario