+034 986 09 02 04 Mércores 23 de Maio de 2018

MARTÍN BARREIRO CARREIRA, SERÁ O PREGOEIRO DA LVIII FESTA DA LAMPREA


 

ESTE FIN DE SEMANA ARBO ESTA DE FESTA. VEN A TOMAR A DEGUSTAR A LAMPREA E OS VIÑOS DAS BODEGAS A CARPA DE ARBOMOSTRA. PREGÓN, XANTAR, ACTUACIONES MUSICAIS, DANZA, CONCERTOS,PASARÚAS, VERBENA E MOITO MÁIS.

 

A LVIII edición da Festa da Lamprea de Arbo dará comezo oficialmente o venres 27 de abril, ás 17.30h coa inauguración da ARBOMOSTRA, na que se poderá degustar lamprea por racións a precios populares e desfrutar dos mellores viños con D.O. Rías Baixas, para seguir coa celebración da Gala da Lamprea no auditorio do Centro Multiusos, ás 20.30h coa actuación de Bruxo Queimán e Andrea Pousa e a entrega dos diplomas aos premiados nos diferentes concursos de debuxo, redacción e carteis. A música de Pelepau porá o broche de ouro á xornada nun concerto que terá lugar na Praza do Mercado a partir das 23.00h.

O día grande será o sábado 28. Despois da recepción das autoridades, o meteorólogo e presentador lucense Martín Barreiro, meteorólogo especializado na comunicación, que actualmente presenta na TVE, será o encargado de ler o pregón antes de que comece o Xantar da Lamprea. Pola noite a diversión está garantida cos grupos de pop-rock Supernatural, coa voz da galega Thais Rudiño e X-matone, liderado polo arbense Tomás Puga.

O domingo 29 será o fin de festa, coa carpa de degustación aberta dende as 11.00h e diversas actuacións e actividades para todos os públicos ao longo de toda a xornada.

Deja un comentario