+034 986 09 02 04 Luns 17 de Decembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

CARMELA SILVA SUBLIÑA QUE OS DATOS DA EPA DEMOSTRAN A MALA SITUACIÓN DO EMPREGO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA


A Presidenta da Deputación considera que a Enquisa de Poboación Activa do primeiro trimestre resúmese “en máis paro e menos persoas contratadas e ocupadas. O goberno e a Xunta teñen que empezar a ocuparse do importante e tomar medidas”

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva subliñou hoxe que os datos coñecidos esta mañá da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do primeiro trimestre de 2018, demostran unha mala situación do emprego na provincia. Silva destacou que na provincia rexistramos unha taxa de desemprego tres puntos por riba da media da comunidade autónoma e dous da media nacional.

Así subliñou que mentres no país a taxa de desemprego é do 16,74 por cento e na comunidade autónoma é do 15,08 por cento, “na provincia rexistramos un 18,66%, máis de tres puntos por riba da galega e tamén dous puntos por riba da media estatal”. Destacou tamén que En Galicia a EPA tamén reflexa unha mala situación para o emprego cunha taxa moi superior á nacional . O número de parados en Galicia durante o primeiro trimestre do 2018 é de 186.500, 4.400 máis que o trimestre anterior (+2,4%).

Silva considerou que os datos da EPA pódense resumir dun xeito moi sinxelo “sobe o paro e baixa a contratación”. A nivel nacional asegurou a Presidenta, neste primeiro trimestre de 2018 prodúcese a maior caída de emprego nun comezo de ano desde 2014. “O mesmo obsérvase ao lado do paro, que subiu en 29.400 persoas, o maior incremento desde 2013 nun primeiro trimestre dun ano”. Tamén fixo unha referencia sobre a calidade do emprego do cal subliñou que a tempo completo diminúe este trimestre en 133.100 persoas, mentres que o número de ocupados a tempo parcial aumenta en 8.900. A porcentaxe de persoas ocupadas que traballa a tempo parcial sobe 14 centésimas , ata o 14,91 %.

Por último, Silva analizou a situación das persoas en desemprego polo seu xénero, destacando que mentres o número de homes en paro aumenta en 20.100 este trimestre, situándose en 1.840.700 “entre as mulleres o paro crece en 9.300, ata 1.955.400 persoas . A taxa de paro feminina sobe 19 centésimas e sitúase en o 18,54%, mentres que a masculina faino en 21 centésimas e queda no 15,18%”.

Deja un comentario