+034 986 09 02 04 Venres 14 de Agosto de 2020

O CONCELLO DE BUEU ORGANIZA UN ACTO SIMBÓLICO POLO DÍA DO TRABALLO


O Concello de Bueu organiza varias actividades con motivo do Día do Traballo, que se conmemora o vindeiro 1 de maio. Así, a partir das 17.00 horas, xunto á fonte cibernética da Praza Massó, vai partir un roteiro de descuberta de placas polas rúas da Mazá Massó.
As placas que se descubrirán son as das rúas Kayrel, Fígaro, Cormorán, e Ibis, cuxa denominación foi aprobada no pleno da corporación de Bueu en marzo do 2012 co obxectivo de recuperar o nome da fábrica e das principais marcas de conservas que se facían nela co obxectivo de perpetuar a historia da vila.
O acto contará coa actuación do grupo musical Xonxas, e finalizará coa descuberta de dúas placas a maiores nas que se honrará a memoria das xentes traballadoras de Bueu. Este ano recuperarase a figura de María Mundín, coñecida como “A Mondina”, unha recadeira bueuesa que foi galardoada polo Estado coa Medalla de Bronce ao Traballo o 3 de abril de 1932.

Deja un comentario