+034 986 09 02 04 Venres 20 de Xullo de 2018

A CONSELLERÍA DO MAR DESTINA 22.000 EUROS A MELLORAS EN SEGURIDADE VIARIA NAS RÍAS DE VIGO DE PONTEVEDRA


A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten previstas obras de reforzo da seguridade viaria por importe de 22.000 euros en diversos peiraos das rías de Vigo e Pontevedra. Así o destacou esta semana o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita a Beluso, no municipio de Bueu, un dos portos beneficiarios destas actuacións.

Durán Hermida explicou que o seu departamento está a executar melloras na sinalización horizontal dos peiraos de Beluso, Bueu, Corbaceiras, Aguete, Aldán, Moaña, Meira, Domaio, San Adrián e Santa Cristina de Cobres. Estas actuacións atópanse xa en execución en varios casos e os restantes executaranse nas vindeiras semanas. En concreto as actuacións consistirán na limpeza e repintado da sinalización así como a delimitación de zonas de aparcadoiro e demais incidencias para o tránsito rodado. No caso de Beluso repintaranse 220 metros cadrados de superficie, 75 unidades de aparcadoiro e preto de 900 metros lineais de sinalizacións lonxitudinais.

Deja un comentario