+034 986 09 02 04 Luns 25 de Xuño de 2018

A OBRA DE REA GIUSEPPE PODE VISITARSE NA CASA DA CULTURA ATA O 25 DE MAIO


Rea Giuseppe, artista Napolitano afincado en Guillarei, expón a súa obra na Casa da Cultura Castelao de Salceda de Caselas, nunha mostra que permanecerá aberta ata o vindeiro 25 de maio.
Rea Giuseppe naceu en Bonefro (Nápoles), pero a emigración levouno a Suíza, onde na vila de Neuchatel pasou a maior parte da súa vida exercendo como perruqueiro.
Alá polo ano 1985 comeza a adentarse no mundo da pintura, inspirándose na cultura napolitana que tanto ama, buscando as súas raíces. Pola súa formación autodidacta, a súa pintura escapa de todo formalismo académico.
Giuseppe desafíanos, cuestiónanos e pídenos que eliminemos as comodidades superfluas e superficiais, para chegar á profundidade da alma humana. A súa obra está tinguida de existencialismo e humanidade, reflexada a través dos seus ollos, o cal lle fai transmitir o que el ve na sociedade e no mundo que nos rodea, e que o fai definirse a si mesmo como “un tolo namorado da vida”.
A mostra pode visitarse na Casa da Cultura Castelao, na Praza do Concello de Salceda, de luns a venres en horario ininterrumpido de 9:00 a 21:00.

Deja un comentario