+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Agosto de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

ENTRE QUEIXOS E EMBUTIDOS


Xornadas de promoción dos queixos e embutidos galegos os sábados 19 e 26 de maio na Praza de Abastos de Mondariz

MERCADO DE MONDARIZ APOSTA POLOS QUEIXOS E EMBUTIDOS GALEGOS.
Os Sábados 19 e 26 de maio terá lugar no Mercado de Mercado de Mondariz dúas xornadas de promoción dos queixos e os embutidos galegos, con motivo da celebración da Campaña Internacional “Quere o teu Mercado” que este ano ten como lema “Mercados preto do teu corazón” coa que se pretende achegar a poboación as prazas de abasto.
Mondariz aposta este ano polos pequenos produtores de queixos e embutidos galegos, dous produtos tradicionais que nos últimos anos teñen evolucionado moito tanto en calidade como en orixinalidade e que teñen nas prazas de abasto o seu punto mais idóneo de comercialización.
O 19 DE MAIO CONVIDADAS 3 QUEIXERÍAS E 2 ELABORADORES DE EMBUTIDOS E XAMÓNS
Queixos e embutidos con estrugas, Xamón de boi, queixos de leite de vaca jersei ou queixos de cabra as finas herbas, serán algunhas das delicias que se poderán degustar no evento
En cada unha destas duas xornadas os clientes da praza poderán coñecer in situ os elaboradores e degustar os seus produtos. Tres queixerías e dous elaboradores de embutidos estarán presentes no mercado durante a mañá en horario de 10:00h a 14:00h con postos de venda e degustación.

 

APRENDE A ELABORAR PRATOS ORIXINAIS CON QUEIXOS E EMBUTIDOS
As 12:00h O cociñeiro Martín Álvarez realizará un Showcooking ó que poderán asistir todos e todas os que desexen aprender a elaborar novos pratos con queixos e embutidos.
Martín Álvarez, é profesor da Escola de Hostaleira de Vilamarín e recoñecido polo seu traballo de incorporación das estrugas á cociña. Entre outros produtos o cociñeiro lanzou o mercado durante o 2017 un queixo e dous embutidos con estrugas.
MERCAR NA PRAZA DE ABASTOS DE MONDARIZ, ESTA SEMANA TEN PREMIO.
Os clientes que fagan unha compra durante esta semana, poderán participar no sorteo de 70 bonos para asistir ao Bufet de Martín Álvarez ,de degustación de queixos e embutidos
As 13:00h Martín Álvarez presentará un buffet degustación con orixinais presentacións o que so poderán asistir aqueles clientes da praza que estean en posesión dun dos 70 bonos de asistencia que se sortearán entre tódolos os realicen unha compra esta semana NA PRAZA DE ABASTOS e depositen o seu tickec de compra na furna do sorteo.

Deja un comentario